Ribadeo, 13 de xuño de 2018. Seis nenos e nenas ribadenses resultaron premiados na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018, segundo informa a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
Os premiados e premiadas foron, na categoría de Debuxo (ata 8 anos): Nahir Prelo Álvarez, de 8 anos e do colexio Sagrado Corazón, quen acadou o terceiro premio. Ademais Luca García García, de 5 anos e do CEIP Gregorio Sanz, logrou un accésit. Por outra banda na categoría de Debuxo (12 a 16 anos): Irene Suárez Sixto, de 15 anos e alumna do IES Dionisio Gamallo, gañou o primeiro premio; e o segundo premio foi para Claudia García López, de 12 anos e alumna do colexio Sagrado Corazón.
Na categoría de Narración (12 a 16 anos), acadaron accésits Marta Ortiz González de 14 anos e alumna do IES Dionisio Gamallo, e Sara Fernández Cano, de 15 anos e alumna do colexio Sagrado Corazón.
A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho e a Concellaría de Cultura felicitan aos premiad@s, e comunican que o 20 de xuño ás 18:30 horas farase a entrega de diplomas do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018 na Biblioteca Pública de Lugo, situada na avenida de Ramón Ferreiro.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



