Este mes Paso Miudo fixo a ruta de Quinta e Dosal seguindo coa celebración do 10 aniversario, repetindo as mellores rutas destes anos
Ruta Paso Miudo
O creador e poeta Quique Roxíos non puido acudir a ler o seu pregón, por motivos persoais graves. Foi o ribadense Anxo Martíns o encargado de poñerlle voz ao texto escrito polo autor de Boal distinguido polo seu compromiso coa fala do Eo-Navia. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, abriu o acto, fixo unha semblanza de Quique Roxíos e disculpou a súa ausencia. Letras no Campo seguirá ata o domingo no Campo de San Francisco con diversas actividades, como presentacións de libros, concertos, exposicións e outros actos para todos os públicos.
A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación e as persoas asistentes amosaron o seu interese en que volva a realizarse. Durante a sesión aprendéronse estratexias que poden resultar de utilidade para ter un adecuado manexo do estrés e a ansiedade, o que facilitará lograr a adaptacón óptima a momentos de cambio e/ou dificultade, ademais de poñer en práctica diferentes técnicas de relaxación.
A Plataforma pola paz da Mariña lucense e occidente asturiano ten remitido unha carta a todos os centros educativos de dita comarca, facendo un chamamento para que se fomente neles a reflexión entre o profesorado e o alumnado “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial e especialmente a día de hoxe o xenocidio que sufre o pobo de Gaza, sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”. Tamén ofreceu a súa colaboración para levar adiante os actos que se pretenda realizar, na forma que cada centro considere conveniente.
Convócase aos socios do Ribadeo, F.C. á asamblea xeral que terá lugar o 10 de Xuño, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e as 20,00 horas en segunda, no Salón de Actos da
Casa Sindical na Avenida de Galicia, 20 de Ribadeo segundo a orde do día: Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior, si procede. Estado de contas tempada 2023-2024. Memoria deportiva tempada 2023-2024. Memoria 2020-2024. Rogos e preguntas. Elección novo presidente.
Os pequenos elaboraron coas súas mans uns comedeiros para paxaros con botellas de plástico recicladas, entre outras actividades.
A cita será ás 20h. Entradas en www.santaemilia.es.
O local social da asoc. Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao, encheuse para desfrutar dunha motivadora e interesante charla a cargo da traballadora social e coach, María José Nóvoa e da psicóloga, Sonia Nogueiras.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital