Lugo, 18 de xuño de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares; a Concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey; e a Presidenta de Aviturga (Asociación de Vivendas turísticas de Galicia), Dulcinea Aguín, presentaron este luns no Pazo de San Marcos, as Xornadas formativas para propietarios de vivendas de uso turístico. Esta iniciativa organizada por Aviturga, coa colaboración da Deputación e dos Concellos de Lugo e Viveiro, está orientada ás persoas con vivendas vacacionais que queiran normalizar a súa situación tras a entrada en vigor do decreto 12/2017 da Xunta de Galicia, así como mellorar as súas aptitudes para ofrecer un servizo de máis calidade e profesional de cara ao público. As xornadas, nas que participarán profesionais do sector turístico, celebraranse o 23 de xuño en Lugo e o 24 de xuño en Viveiro, con entrada de balde.
Vidal Baamonde subliñou que “con estas xornadas, dende o Executivo Provincial, buscamos que todos os propietarios lucenses de vivendas turísticas cumpran coa legalidade rexistrando os seus inmobles nas delegacións provinciais de Turismo, para que non reciban ningún tipo de sanción económica por parte dos inspectores da Xunta de Galicia, institución coas competencias nesta materia. E o facemos porque contamos con máis de 700 inmobles deste tipo na nosa provincia, o que supón un 14% de todas as prazas de aloxamento, que sen dúbida, supoñen un importante revulsivo económico para todo o territorio. É fundamental dar un salto cualitativo na prestación dun servizo no que os hospedes son moi esixentes, pois un bo traballo con levará que os turistas repitan estancia, ofrecendo unha imaxe positiva da nosa provincia”.
Vivendas de uso turístico
Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de maneira reiterada e a cambio dunha contraprestación económica, para unha estadía inferior a 30 días, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade. Poden ser comercializadas, ademais de por as empresas turísticas, polos seus propietarios ou persoas físicas ou xurídicas que os representen. Todas as dependencias deben ter sistema de calefacción, excepto meses de xuño a setembro, contar cun número de teléfono as 24 horas para a atención dos clientes, e un servizo de asistencia e mantemento. Pode haber limitación do número deste tipo de inmobles en cada municipio.
Aviturga
Esta asociación, creada no ano 2016, representa a máis de 7.000 propietarios de vivendas turísticas en Galicia. Naceu como medio de información e axuda aos afectados polo Proxecto Decreto/2015 no que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia. O compromiso desta entidade é loitar por un decreto o máis xusto posible e que conte coa opinión dos propietarios das vivendas. Co fin de chegar ao maior número de persoas posibles, Aviturga ofrece charlas por distintos puntos de Galicia informando e asesorando a todos os interesados nesta materia.
Programa das Xornadas
Sábado, 23 de xuño no Salón de Actos da Deputación
18:00 horas.- Recepción e entrega de materiais e bolsas con merchandasing.
18:05 horas.- Benvida do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.
18:10 horas.- Introdución a cargo da Presidenta de Aviturga. Que é a asociación e por que se centra na formación.
18:15 horas.- Lugo ten máis que murallas. Nocións para ser un bo guía amateur da túa provincia.
19:00 horas.- O interiorismo. Home Stagging. Charla práctica.
19:40 horas.- Booking.com. Como funciona a plataforma, vantaxes para os propietarios.
20:10 horas.- Sorteo dunha acción personalizada de Home Staging entre os asistentes.
Domingo, 24 de xuño na Biblioteca Municipal de Viveiro
18:00 horas.- Recepción e entrega de materiais e bolsas con merchandasing.
18:05 horas.- Benvida da Concelleira de Turismo, Marisol Rey.
18:10 horas.- Introdución a cargo da Presidenta de Aviturga. Que é a asociación e por que se centra na formación.
18:15 horas.- Lugo ten máis que murallas. Nocións para ser un bo guía amateur da túa provincia.
19:00 horas.- O interiorismo. Home Stagging. Charla práctica.
19:40 horas.- Booking.com. Como funciona a plataforma, vantaxes para os propietarios.
20:10 horas.- Sorteo dunha acción personalizada de Home Staging entre os asistentes.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



