Lugo, 22 de xuño de 2018. O Goberno da Deputación organiza o vindeiro mércores, 27 de xuño a partir das 10:00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, unha xornada informativa e totalmente aberta sobre a nova Lei de Espectáculos Públicos e actividades recreativas de Galicia, que entrará en vigor no mes de xullo. A xornada está dirixida a secretarios, interventores, policías locais, e demais persoal ao servizo dos entes locais e do sector público local, co obxectivo de abordar os aspectos máis relevantes da nova normativa e as implicacións da súa entrada en vigor nos Concellos.
Ao longo da mañá haberá tres relatorios impartidos por: Ana Purificación Otero Ferreiro, Subdirectora Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior; Jesús Lata Buceta, Xefe de Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior; e Isabel Varela López, Xefa de Sección do Negociado de Policía, Tráfico e Transporte do Concello de Lugo. Abordaranse, entre outros, aspectos tales como a protección dos menores, a defensa das persoas consumidoras e usuarias, o respecto polo medio ambiente e os animais, a loita contra actitudes discriminatorias e a conservación do noso patrimonio histórico-artístico e cultural.
A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é a primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia e enche o baleiro normativo autonómico existente na actualidade. A normativa establece o réxime xurídico dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, sempre que se desenvolvan integramente no territorio da Comunidade Autónoma.
Programa da xornada
9:45 horas.- Recepción dos asistentes.
10:00 – 11:00 horas.- Aspectos xerais da Lei 10/2017. Especial referencia ás competencias municipais, o réxime de intervención administrativa e as verbenas e festas populares. Por Ana Purificación Otero Ferreiro, Subdirectora Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).
11:00 – 12:00 horas.- Organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Por Jesús Lata Buceta, Xefe de Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).
12:00 horas.- Pausa.
12:30 – 13:30 horas.- Vixilancia e inspección dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Réxime sancionador. Por Isabel Varela López, Xefa de Sección do Negociado de Policía, Tráfico e Transporte do Excmo. Concello de Lugo.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



