Ribadeo, 20 de Xuño de 2018. Co remate da xeira mais negra da democracia española e a chegada do novo goberno corren outros aires na administración e compre revisar os temas pendentes na tramitación do proxecto hosteleiro da Illa Pancha. Lembraremos, de vagar, que estes asuntos sempre están abertos, e pequenos cambios climátolóxicos poden facer que os ventos viren cando menos se agarda, e o que parecía imposible faise viable dun día para outro. Por exemplo comprería revisar un proxecto trufado de intereses do mais variopinto, oscurantismo e ineficacia, como é o caso de “Faros de España” que en seis anos xa sabemos ao que chegou. Sen invocar nengún revanchismo, calquer goberno que queira ventilar minimamente a pestilencia heredada terá que pararse un pouco a levantar algunhas alfombras.
No caso concreto do Faro da Illa Pancha hai unha ringleira de inquéritos que deberán ser reprantexados nos próximos meses.
En primeiro lugar temos a falla de informe de non afección a Rede Natura 2000, recoñecida pola Autoridade Portuaría na última resposta aos requerimentos do Defensor del Pueblo e polo goberno anterior diante das preguntas do diputado de En Marea, Fernán Vello. Hai que suliñar aquí que o Defensor emitiu tres informes (17 de febrieo17, 22.8.17 e 4.8.18) nos que inequívocamente argumenta as carencias do expediente devadito.
En segundo lugar temos a pregunta pendente de respostar polo defensor e pola autoridade portuaria encol da medición dos terreos incluidos na concesión. Como é sabido a concesión abarca cincocentos metros cadrados, pero está por crarexar se non deberá inlcuir a totalidade da illa (4300m 2) que esta sendo explotada para o negocio hosteleiro, o cal rebasaría os 2500 m cadrados que son o límite legal para a concesión directa que se tramitou.
En terceiro lugar está o problema da memoria económica de viabilidade do proxecto, que en caso de existir foi redactada incluindo unha cafetería que posteriormente non foi aprobada. En coarto lugar está o asunto do acceso eclusivo dos clientes dos apartamentos e prohibido para os veciños e visitantes, sen que haxa explicación legal desta discriminación.
A estes temas pendentes de crarexar no caso do faro da Illa Pancha engádese o fracaso absoluto do proxecto faros de España que ten ,como trasfondo, uns custes ate agora descoñecidos a toda a enxurrada de influencias, enchufes e corrupcións acreditadas polos tribunais na xestión do extinto gobernó da gueivota.
Folga suliñar que o concello de Ribadeo ten unha nova oportunidade de retomar os compromisos que foi deixando voluntariamente nas cunetas, como foron as tres consultas á Autoridade Portuaria respostadas con vaguedades, o seu compromiso de defender o acceso libre dos veciños e a concesión das licenzas con tantos inquéritos sen resposta. A ver se agora agora canta a galiña.
O noso grupo, despois de tres anos segue mantendo o obxectivo para o que foi creado: Evitar a privatización da Illa Pancha e promover o seu uso social e cidadá. Agora o novo goberno socialista ten a pelota no seu tellado.
Colectivo “POR NUESTRO FARO”























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



