Barreiros, 25 de xuño de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros esíxelle ao goberno municipal “que se poña a traballar.” “Son seis persoas que foron elixidas polas veciñas e veciños para gobernar e solucionar os problemas do concello. Pola contra, o único que están facendo é pagar favores a determinadas empresas que enchen os petos a costa dos cartos de todas e todos os barreirenses”, manifesta a portavoz municipal, Ana Ermida.
Segundo a formación nacionalista, “a estas alturas a zona turística está absolutamente abandonada”. “Os paseos marítimos parece que están sendo sachados, en lugar de desbrozados. O lixo acumúlase a carón dos contenedores. As zonas de ocio como áreas recreativas ou parques infantís da zona da praia teñen rozados os accesos, pero están absolutamente inmersos na herba que os tapa. Hai baños de praias destrozados desde hai máis de dous meses… e un longo etcétera que o único que fai é confirmar o que viños decindo nos últimos anos: en Barreiros hai un goberno municipal que a única preocupación que ten é solucionar os seus propios problemas e utilizar os cartos públicos para repartir ao seu antollo”, sinalan.
Para o BNG o máis grave é a actitude do goberno municipal e, nomeadamente, do Alcalde e responsable de turismo que nega o evidente e atrévese a afirmar que Barreiros está listo para recibir visitantes. “Se isto é o que van ver as persoas que nos visitan non nos extraña que teñan unha oficina de turismo parcialmente atendida en horario de oficina e que non se realice ningún tipo de actividade de promoción turística que poida beneficiar ao noso concello”, afirma Ana Ermida.
A zona interior, a gran esquecida.
Segundo a portavoz municipal, a situación da zona interior é aínda peor ca a da costa. “No último pleno reiteramos a existencia dun vertedoiro incontrolado na parroquia da Rilleira, cara a Gondán, pedindo que se limpara con urxencia e máis tendo en conta que é nunha parcela municipal”, sinalan desde o BNG. “A realidade é que semanas despois daquel pleno segue sen facerse ningún traballo ao respecto, demostrando a falta de interese pola imaxe que se traslada e polo medio ambiente. Ademais de amosar unha responsabilidade absoluta, deixando acumular lixo de todo tipo que é un auténtico polvorín en época de lumes.”
Desde o BNG lamentan “a imaxe que se dá a visitantes e a que soportan día a día as veciñas e veciños e esíxenlle ao goberno municipal que se poñan a traballar e deixen de utilizar o Concello como moeda de cambio para pagar favores.”























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



