Lugo, 28 de xuño de 2018.- Os concellos da provincia de Lugo van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de máis de 580.000 euros para a posta en marcha de distintas accións de promoción da igualdade real entre mulleres e homes.
Así o explicaron hoxe a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, nunha rolda de prensa na que detallaron os resultados desta convocatoria de axudas.
As axudas distribúense en tres liñas de actuación: apoio aos Centros de Información á Muller (CIM), fomento da conciliación prevención e tratamento integral da violencia de xénero. En total serán 45 concellos lucenses os beneficiarios destas achegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
Tres liñas de axuda
Das tres liñas de actuación establecidas, a relativa ao apoio aos CIMs é a de maior dotación, cunha contía que ascende na provincia a 471.116 euros, que se distribúen en 11 centros situados en Burela, Palas de Rei, Sarria, Monforte de Lemos, Chantada, Ribadeo, Mondoñedo, Quiroga, Lugo, Viveiro e Vilalba. Salvo os tres últimos, os demais están agrupados con outros municipios da contorna, polo que en total os concellos beneficiados ascenden a 35.
Estas subvencións destinaranse ao financiamento dos custos de persoal, mantemento e dinamización destes centros. A maior parte axudará a manter ás 28 persoas que traballan nos centros da provincia en postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica ou como axentes de igualdade ou de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
Por outra banda, a liña de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar contará con preto de 106.000 euros para financiar accións en 11 entidades locais (15 sumando os agrupados). Son os de Mondoñedo, que ten agrupados os municipios de Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto; e os de Outeiro de Rei, Pol, Xove, O Valadouro, Alfoz, Castro de Rei, Guitiriz, Taboada, Rábade e Xermade. Ao respecto, a secretaria xeral adiantou que esta liña se vai incrementar dada a elevada demanda rexistrada este ano por parte dos concellos.
A secretaria avanzou que proximamente esta liña verá ampliado o seu crédito incorporando as solicitudes en lista de agarda dos concellos de Ourol, Palas de Rei e Baralla que promoverán distintos programas de conciliación e campamentos este verán.
Xa por último, destinaranse 5.239 euros ao programa de prevención e tratamento integral de violencia de xénero que desenvolve o concello de Guitiriz. Ao abeiro desta liña, fináncianse accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e as súas persoas dependentes; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



