Ribadeo, 4 de Xullo de 2018. No día de onte recibimos un novo escrito do Defensor del Pueblo sobre a Illa Pancha, que reproducimos íntegramente pola sua brevedade:
“Con relación a la queja arriba indicada, el 4 de enero de 2018 se SUSPENDIERON la actuaciones practicada por esta institución con la Autoridad Portuaria de Ferrol, hasta tanto no se remitiese el estudio realizado sobre el proyecto de rehabilitación del Faro de Isla Pancha y la decisión adoptada sobre el inicio de un procedimiento de evaluación ambiental. Ante la tardanza en recibir la información, se le informa de que con esta misma fecha se ha solicitado su remisión urgente. Una vez que la Administración la remita, se le comunicará su contenido y las actuaciones que en su caso procedan.”
Enténdese con toda craridade que o goberno anterior deixou colgado este asunto e non deu resposta á petición do Defensor despois de comprometerse por escrito, tanto con esta institución como na resposta ao deputado Fernán Vello (19.12.17). Mentres non se demostre o contrario o goberno do PP non moveu palla para iniciar a avaliación ambiental que esixe a lexislación europea, española e galega para os proxectos que poidan afectar á Rede Natura 2000. E así estamos dende o 30 de xunio de 2015, cando se aprobou a concesión e dende o 17 de febreiro de 2017, cando o Defensor informou por primeira vez da falla destes informes preceptivos.
Compre suliñar que na páxina web do Defensor hai constancia de que o concello de Ribadeo tamén recibiu este escrito. Agardaremos a ver se segue poñéndose de canto ou vai tomar algunha iniciativa.
Como se pode apreciar o Defensor solicita agora a resposta “urxente”, pendente dende hai seis meses. Segundo se pode ler nalgúns medios o novo goberno socialista procedera a renovar os cargos directivos na Autoridade Portuaria nás próximas semanas.
Deixamos esta información e seguiremos agardando os seguintes movementos.
Colectivo POR NUESTRO FARO























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



