Viveiro 6-7-18. En resposta á petición enviada por este Concello a Portos de Galicia para a apertura das explanadas do porto deportivo de Viveiro e do Casino de Viveiro para uso de aparcadoiro público durante os meses de verán, recibiuse comunicación na que se manifesta que non existe inconvinte en acceder advertindo as seguintes cuestións:
– A explanada do Casino de Viveiro quedará habilitada como aparcadoiro durante o periodo comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2018 durante as 24 horas do día.
– Na explanada do porto deportivo de Viveiro, debido á existencia de riscos específicos para os posibles usuarios do aparcadoiro é recomendable a presenza de persoal da concesioaria do porto deportivo durante a apertura do recinto, polo que quedará habilitada como aparcadoiro durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2018 en horario de 09:00 horas ás 23:00 horas, quedando pechado en horario nocturno por razóns de seguirdade. En datas puntuais de gran afluencia de visitantes ao Concello de Viveiro poderá ser ampliado o horario de apertura durante as 24 hr do día. O espazo habilitado para aparcadoiro comprende a zona situada xunto ao murete de delimitación portuaria, quedando prohibido o aparcamento xunto ao cantil do peirao e no acceso ás instalacións do “Servizo Marítimo da Garda Civil”.
– As explanadas quedan baixo a vixiancia e inspección do persoal de Portos de Galicia. Se, a xuízo do ente público, o uso non se axustase ao autorizado, ou constituíse perigo ou molestia, poderá este ordenar o seu peche.
– O ente público Portos de Galicia non se fai responsable de calquera accidente ou dano a persoas ou bens que tivesen lugar nos espazos portuarios, como consecuencia da circulacións dos vehículos polo dominio público portuario, sendo responsables os titulares dos vehículos.
– Deberán garantir en todo momento a normal explotación portuaria, no relativo á incidencia dos traballos no porto deportivo, en especial no referente á entrada e saída de vehículos e embarcacións dos usuarios do porto deportivo e dos vehículos do Servizo Marítimo da Garda Civil.
-Os usuarios, ao marxe de cumprir tódalas instruccións que ao respecto poida ditarlle o persoal de Portos de Galicia, será responsable de adoptar todas as medidas e condicións de seguridade e hixiene previstas con carácter xeral no ordenamento xurídico vixente, quedando o ente público Portos de Galicia enoxerado de calquera responsabilidade de posibles accidentes que se produzan nas instalacións portuarias, e nos vehículos que circulen dentro do dominio público portuario. Dita responsabilidade estenderase ao mantemento dos establecementos e espazos públicos en perfecto estado de conservación.
– Os usuarios serán finalmente responsable dos danos, dos deméritos e das avarías de toda orde que se lles poidan producir ás instalacións portuarias ou a terceiros, quedando Portos de Galicia exento de calquera responsabilidade polos mesmos. Tampouco será resonsable Portos de Galicia dos roubos, nin dos sinistros ou deterioros que poidan sufrir as instalacións, mercadorías ou calquera outros elementos cos que o USUARIO este a ocupar a superficie portuaria.
– Con respecto á posibilidde de habilitar aparcadoiros para pernoctar autocaravanas infórmaselle a prohibición expresa para o citado uso, segundo se reflicte do artigo 68 da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas (Quedarán prohibidos o estacionamento e a circulación non autorizada de vehículos así como os campamentos e acampadas), no artigo 64 do Regulamento de servizo, policía e réxime xeral dos portos, aprobado por O.M. de 12 de xuño de 1976 e no artigo 58 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (Nos portos están prohibidos os usos hosteleiros e residenciais).























Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939



