Barreiros, 9 de xullo de 2018. O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar un recurso de reposición contra a convocatoria do pleno a celebrar no día de hoxe por entender que a mesma é nula de pleno dereito por facerse infrinxindo a lei.
Segundo explica a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, “o alcalde convocou un pleno no que pretende tratar a solicitude que o noso grupo fixo a semana pasada, pero faino incumprindo lei e intentando baleiralo de contido. Pretende que se debata sobre as condicións da cesión dun vial por parte da Deputación ao Concello unha vez que xa se teña aceptado esa cesión.”
“Non sabemos se cre que somos parvas ou o parvo é el. Ou se ten algún interese inconfesable en que ese vial se entregue ao Concello sen arranxar e que teñan que ser as veciñas e veciños de Barreiros os que sufran as consecuencias dunha decisión carente de lóxica e de sentido común”, afirman desde o BNG.
“Xa sabemos que para o goberno municipal de Barreiros saltarse a Lei non é algo que lles cause preocupación, pero deberían ter coidado porque o cántaro que vai moito á fonte acaba rompendo”, aseguran.
O Alcalde convocou o pleno desde Tenerife.
Ademais de incumprir o procedemento ao non respectar a petición do BNG, é chamativo que a convocatoria do pleno foi asinada o 5 de xullo, o mesmo día que o Alcalde comunicaba á prensa que se atopaba en Tenerife. “O Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais establece claramente que cando o Alcalde se ausente do término municipal por máis de vintecatro horas, sen ter conferido delegación, (…) substituirao na totalidade das súas funcións, o Tenente de Alcalde a quen lle corresponda, dando conta ao resto da Corporación.”, explica Ana Ermida. “Neste caso, vese que o Alcalde ten un problema grave de confianza no seu primeiro Tenente de Alcalde e no seu equipo de goberno, porque preferiu “gobernar” desde Tenerife que delegar as súas funcións durante o tempo que estivo fóra.”
“É un novo insulto cara a veciñanza de Barreiros que ve como o Alcalde é tan prescindible que mesmo é capaz de “gobernar” a máis de 2.000km do Concello en plena semana de inicio da tempada de verán, cando a poboación de multiplica e se producen situacións que teñen que ser atendidas por alguén con responsabilidade de goberno. Isto vén a demostrar que cando está en Barreiros tampouco ten a cabeza pensando no Concello, pois se é capaz de facer o mesmo desde Tenerife ca estando aquí, é que pouco fai cando está no Concello”, conclúen.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



