Nota de Prensa
A HIPOCRISIA POLÍTICA DO PP COAS AXUDAS DE BENESTAR SOCIAL NON TEN LÍMITES
A axuda concedida pola Área de Benestar social da Deputación para o PAI triplica a concedida pola Consellaría do ramo gobernada polo PP para o mesmo fin.
Os nacionalistas lembran que a axuda da Xunta o ano pasado para o PAI superaba en mais de 2.000 euros a concedida este ano polo goberno amigo
Cervo, 2 de febreiro de 2010. O BNG de Cervo non sae do seu asombro ao ver como o PP manipula os datos en relación ás axudas da Área de Benestar Social da Deputación xestionada pola nacionalista, Mª Xosé Vega. O BNG saíu ao paso das falsas acusacións de un suposto afogo por parte de áreas de goberno nacionalista tanto no anterior goberno da Xunta como na Deputación. O PP saca as cifras das axudas concedidas por áreas de goberno do BNG, mais agocha as concedidas pola Consellaría de Benestar en mans do Partido Popular polo que os nacionalistas aclararon que a axuda concedida pola área de Benestar social da Deputación para o PAI, triplica a concedida pola Consellaría de Benestar para o mesmo fin que incluso e inferior en mais de 2.000 euros á resolta o ano pasado mentres Quintana era Vicepresidente do goberno galego.
Mentres a Deputación concede ao PAI de Cervo 35.421,08 euros a Xunta quédase en 11.835,73 cantidade que tamén e inferior á concedida polo anterior goberno galego.
O BNG cualificou como ”hipocrisía sen límites” a actitude do PP de Cervo en relación ás axudas da Area de Benestar Social da Deputación que xestiona a nacionalista Mª Xosé Vega. O portavoz< municipal do BNG, Xoán Antón Estúa acusou ao PP de degradar a vida política con mentiras e falsidades sen fundamento na súa obsesión coa Deputación, “o PP antes utilizaba o concello para confrontar coa Xunta, agora fai o mesmo coa Deputación”. Estúa acusou aos representantes do PP de Cervo de manipular a realidade xa que a axuda de Benestar Social da Deputación para o PAI e mais de tres veces superior á concedida pola Xunta, concretamente 35.421 euros da Deputación por 11.835 da Xunta, unha cifra que nin sequera chega aos mais de 13.000 que a anterior Vicepresidencia de Igualdade e Benestar concedera en 2008. Estúa ademais negou que fose o PP quen no 2002 tomou a iniciativa de poñer en marcha o PAI en Cervo xa que a posta en funcionamento deste servizo debeuse á aprobación dunha moción do BNG aprobada por unanimidade que instaba á creación dunha gardería, un servizo con moitas maiores prestacións que o actual PAI. O nacionalista ademais lembrou que o goberno local tivo que retirar o ano pasado o cobro de taxas por este servizo grazas ao aportado pola Area de Benestar da Deputación, “agardamos que o PP non estea pensando en volver a cobrar este ano”.
O PP no canto de utilizar os fondos do Plan Concertado da Xunta en benestar gástaos en maquetas de autobombo e propaganda.
Os nacionalistas acusaron ao PP de dilapidar o diñeiro do Plan Concertado que os concellos asinan tódolos anos coa Xunta para atender servizos sociais de competencia municipal en maquetas para o autobombo e a propaganda electoral. Neste sentido insistiron en que o PP tanto na Xunta como no concello pretenden facer unha gran campaña a cargo dun diñeiro que debería estar dedicado á atención das persoas maiores e non para que o alcalde e a conselleira se luzan coa exposición da maqueta dun Centro de Día e Residencia que non se sabe cando e como se vai financiar e tampouco aclaran si a súa xestión vai ser pública ou privada tal como están propoñendo coa de Viveiro. Estúa retou a Vilares a que explique cando e con que fondos se vai financiar esta obra e cal va ser o modelo de xestión.
Os nacionalistas insisten en que ao PP só lles importan as persoas maiores como negocio e mercadoría lectoral.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, insistiu na demanda da posta en marcha dun servizo profesionalizado e unha programación de actividades estábeis durante todo o ano con cargo ao aforro de 100.000 euros que vai ter o concello ao cargar no FEESL os gastos municipais de educación. O nacionalista detectou incomprensión por parte do goberno local no que ten que ser a asistencia social ás persoas maiores, “a máxima do goberno parece ser non crear necesidades, para non ter demanda”, en referencia ao discurso da concelleira de Asuntos Sociais que “da por suficientes as partidas de tute e parchís ou o xantar anual do 1º de maio”.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



