Alfoz, 24 de xullo de 2018. Poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas relacionados co mundo da pintura, valorará de forma individual puntuando os traballos de 1 a 10 e sumando posteriormente as puntuacións.
Os premios na categoría sénior serán: para o primeiro un bono de 200 euros máis trofeo; o segundo recibirá un trofeo máis maletín de pintura, e o terceiro un trofeo máis lote de pinturas. Haberá un premio para o pintor local de trofeo máis maletín de pintura. Na categoría infantil, o primeiro recibirá un bono de 100 euros máis trofeo; o segundo trofeo máis maletín de pinturas e o terceiro trofeo máis lote de pintura. Tamén haberá premio para o pintor local con trofeo máis maletín de pintura.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



