Taboada, 26 de xullo de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos; o Presidente do PSdG-PSOE e Portavoz no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga; o Deputado Socialista no Parlamento galego pola Provincia de Lugo, Luis Álvarez Martínez, xunto ao Secretario do PSOE en Taboada, Roi González, e a voceira do municipio, María Amo, mantiveron este xoves un encontro con traballadores da cooperativa Aira na planta de pensos que ten situada no Concello de Taboada. Acompañados do Presidente de Aira, José Manuel Tellado, e do Director Xeral, Daniel Ferreiro, coñeceron de primeira man o proxecto desta cooperativa agrogandeira de primeiro grado que conta na actualidade con máis de 2.500 socios e 1.100 granxas activas que producen 330 millóns de litros de leite ao ano.
Santos Ramos destacou que “Aira é un dos mellores exemplos que temos na provincia e en Galicia do cooperativismo, un referente de eficacia produtiva no sector agrogandeiro que ademais de garantir estabilidade, xera riqueza e crea emprego de calidade, pois conta no seu persoal con máis de 220 profesionais. Sen dúbida, os socialistas estamos comprometidos con este tipo de iniciativas que ofrecen alternativas no ámbito da produción, comercialización e distribución dos produtos que traballan os veciños no campo porque ademais de impulsar a economía son imprescindibles para loitar contra o despoboamento do rural”.
Pola súa banda Leiceaga subliñou que “dende o PSOE potenciamos e fomentamos políticas que promovan o cooperativismo agrogandeiro porque consideramos que este tipo de fórmulas asociativas son fundamentais para que o rural siga existindo e teña un futuro digno, aproveitando as potencialidades e a optimización de recursos que ofrece o sector, dentro da nosa firme aposta por fixar poboación en núcleos rurais. Os socialistas seguiremos traballando pola creación de valor engadido e unha estrutura territorial das explotacións galegas que as fagan máis competitivas”.
A maior planta de pensos de vacún de Galicia en Taboada
Os socialistas aproveitaron o encontro para visitar a maior planta de pensos de vacún de Galicia, localizada en Taboada, propiedade de Aira. Neste último ano a fábrica produciu máis de 170.000 toneladas de penso, con 700 mesturas diferentes elaboradas, e prevé un maior crecemento no vindeiro ano. Os responsables de Aira avanzaron aos socialistas as novas fases que afronta a cooperativa para expandir a súa comercialización, sobre todo no sector lácteo, que no 2017 distribuíu de forma directa preto de 100 millóns de litros de leite.
Un volume de negocio por encima dos 90 millóns de euros
A cooperativa Aira acada un volume de negocio superior aos 90 millóns de euros anuais. Esta sociedade suma 14 agrotendas, 3 parques de maquinaria, 19 carros de mesturadores, ademais de ofrecer diferentes servizos como asesoramento, xestión de seguros, veterinaria, entre outros moito. Actuamente, en Aira están integradas as cooperativas Icos, Agris, Coelplan e Cogasar.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



