Foz 26-7-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esta Moción xa foi presentada fai un ano para o seu debate nesta Corporación sendo aprobada. Nos últimos días tivemos a ocasión de visitar a parroquia de Cangas, e falar cos veciños e veciñas, transmitíndonos distintas necesidades das que carece esta parroquia. Concretamente un grupo de veciños nos transmitía a necesidade de adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola praia dos Xuncos coa estrada Xeral, pasando ó son da ITV. Esta é unha pista que nos últimos anos veu mellorado o seu firme, e é moi usada polos pais que levan os seus nenos ó Colexio Fondo-Nois. Pero os veciños ante os cambios que se levaron a cabo no cruce Ribela-Gralleira, ven necesario adecentala definitivamente . Así tamén ven posible que o transporte escolar poida mellorar o servizo co decentemente definitivo desta pista.
Por todo o exposto o Grupo Municipal de ”Foz, Plataforma de Futuro” propón ao Pleno da Corporación de Foz a adopción do seguinte ACORDO:
Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz para que proceda a adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola Praia dos Xuncos coa estrada Xeral.


















O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



