Cervo, 1 de agosto de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que o maior orzamento da historia da comunidade para maiores e discapacidade permitirá chegar neste 2018 aos 60.000 dependentes atendidos, adiantando dous anos o cumprimento dun obxectivo que se tiña previsto acadar a finais da lexislatura, en 2020.
Durante unha visita ás instalacións do novo centro de día e residencia de maiores do Concello de Cervo, Feijóo precisou que o orzamento total de 414 millóns de euros para este ano pon de manifesto que a achega para esta área medrou un 50% nestes nove anos, o que fai posible que hoxe en Galicia haxa máis de 57.000 persoas con dependencia atendidas, catro veces máis que en 2009, cando recibían atención 14.000 persoas. “Isto supón que nestes nove anos se incrementou en case un 50% a ratio de cobertura, ata situarse nun 84%, sete puntos por riba da media nacional”, explicou, ao que engadiu que o 80% dos dependentes galegos contan con servizos profesionais, converténdose Galicia na terceira comunidade cunha mellor atención profesional á dependencia.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta incidiu na importancia do traballo conxunto e en colaboración con entidades como Mensajeros de la Paz, cos concellos galegos e co Goberno central.
Sobre este último punto, reiterou a necesidade de que se cumpra a Lei de dependencia e de que o Goberno de España financie o sistema de atención coa mesma intensidade que a Comunidade. Non en van, na actualidade, o Goberno autonómico achega o 75% dos fondos e a Administración central só o 25%.
Diante destas cifras, o presidente da Xunta lembrou que se o Goberno central puxese os mesmos 250 millóns de euros que achega a Xunta, hoxe non se estaría a falar dunha ratio de atención do 84%, senón dunha do 100%.
Feijóo resaltou ademais o compromiso e a dedicación de Mensajeros de la Paz, cuxo traballo, merecedor do Premio Príncipe de Asturias da Concordia, está reflectido en Galicia nestas novas instalacións no concello de Cervo, nunha residencia en Ferrol, nunha residencia–centro de día en Mondoñedo e nun centro de atención a menores en Vigo.
“As novas 54 prazas residenciais e as 25 de centro de día que ofrecen estas instalacións consolidan a residencia de Cervo como un recurso asistencial de primeiro nivel para a Mariña lucense”, dixo o presidente da Xunta, resaltando a achega autonómica de 2,1 millóns de euros para contribuír a construción desta infraestrutura que axudará a que os maiores da comarca poidan estar mellor atendidos e gozar dunha maior calidade de vida.
Ao respecto, o responsable do Executivo galego precisou que a residencia de Cervo servirá como complemento da oferta de prazas residenciais públicas ou sustentadas con fondos públicos que ten Galicia e que a día de hoxe ascenden a 7.820; un 40% máis que en 2009, con menos de 5.800 prazas.
Nesta liña, aseverou que, ao longo deste 2018, o número de prazas ascenderá ás 8.000, coa apertura dos fogares residenciais de Vilardevós, Arteixo, Baleira, Redondela e Paradela. E, antes do final da lexislatura, a construción de sete residencias nas sete cidades galegas suporá a creación de 900 prazas máis en residencias e centros de día sostidos con fondos públicos.
Feijóo resaltou que a Comunidade galega dispón ademais dunha variedade cada vez maior de recursos de atención para as persoas maiores que non desexan unha praza residencial como: o Servizo de Axuda no Fogar, do que se benefician xa unhas 21.600 persoas; os servizos de teleasistencia e Xantar na casa ou o incremento das libranzas para os coidadores de persoas dependentes, das que hoxe hai concedidas 20.400 e cuxo orzamento se incrementou un 28% neste ano.
Así mesmo, referiuse á posta en marcha da primeira convocatoria das Casas do maior, que atenderán en pequenos grupos de ata cinco a persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa. Unha iniciativa que, cun investimento 1,3 millóns de euros, prevé a creación de ata 30 Casas do maior co fin de mellorar a prevención e a atención da dependencia nos concellos de menos de 5.000 habitantes.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



