Sendos anuncios de actos de inicio o curso político en septembro, alegran a vida dos galegos e galegas. Como se en agosto parasen. Mais é moi significativo da forma de facer política dos partidos en Galicia, escenifican o inicio de actividades políticas rendindo pleitesía ás súas casas madre no Estado. Máis que un acto de reforzo da autonomía política galega é un acto de escenificación de que a doma e castración segue moi presente na actualidade. Queda moi bonito engadir o G ó nome, máis a dose de dependencia é moi grande. É tan significativo que o PSOE e o PP contraprogramanse os actos o mesmo día, pensando so na política de Estado e nada na Nosa Terra.
Mentras as franquicias galegas non se sacudan esta forma de actuar, non poden afirmar que acreditan no autogoberno galego. Temos que entender dunha vez por todas que temos que decidir nós para que Galicia ocupe o lugar que lle corresponde na configuración do Estado e de Europa, sen teimas de independencia, para iso está quen está e se relaciona con Bildu e a CUP.
Porén, xa que veñen, imos darlle algúns recados e deberes para este novo curso político:
Deixen de enredar coa invesitigación de Angrois e desfagan a súa entente por dignidade.
Non constituán unha nova entente no Marisquiño.
En Galicia no tema dos portos somos iguais que valenciáns e asturianos.
Deixen vir algunha das moitas competencias que temos sen entregar.
Traballen en Madrid para a total aplicación do Estatuto de Galicia.
Traballen para que se ordee o tema aeroportuario.
Conten con galegos do sector na negociación da PAC.
Conten con galegos do sector na política pesqueira.
Non xoguén co AVE.
Empecen a falar xa dunha compensación de debéda historica para Galicia.
Protexan a riqueza que supón ter idiomas propios.
Fomenten a eurorexión con Portugal e as relacións coa lusofonía.
Fagan algo co Centro Galego de Bos Aires.
Fagan algo con Sargadelos.
Isto é só para este primeiro trimestre de curso, Galicia precisa moito máis, Galicia precisa tamén políticos que non teñan que dar novedades fora, e que non dependan na súa acción das políticas de Estado borbonícas e centralistas.
Un cansa de que veñan a Galicia a actos do seu partido para xantar polbo con cachelos, a falar de Cataluña e a pouco máis, mentras os franquiciados apluden.
Por certo, coido que os de C´s Galicia, están pensando en por un lazo amarelo a toda a Muralla de Lugo como rechamo para que veña o líder ó seu inicio de curso, imos vendo.
Piñeiro Do campo
Sº Xeral de CxG.




















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



