Castiñeira deixou claro que o seu grupo “está a favor de que as empresas cobren e cobren canto antes, pero a calquera conta”. Segundo advertiu, aprobar agora esas facturas con cargo ao orzamento prorrogado podería provocar problemas aínda maiores nos próximos meses. “Se se esgotan agora as partidas do prorrogado con facturas do ano pasado, volverá a pasar o mesmo e as empresas que facturen no segundo semestre non terán partida e non van a cobrar”, explicou
Foz, 8 de maio de 2026. O Partido Popular de Foz, co apoio do BNG, obrigou no último pleno ao alcalde, a retirar o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 466.000 euros correspondente a facturas do ano pasado que o goberno municipal pretendía imputar ao orzamento prorrogado.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, explicou que o expediente presentado polo executivo local chegou ao pleno “con diferentes reparos de intervención e co informe negativo dos técnicos”, polo que considera que “non é lóxico imputar eses 466.000 euros aos orzamentos prorrogados do ano 2024, porque no ano 2025 o señor Cajoto tampouco trouxo novos orzamentos”.
Castiñeira lembrou ademais que existe un plan económico.financeiro municipal que xa recolle a necesidade de aprobar unhas novas contas para evitar repetir a situación actual. “O propio plan económico-financeiro está dicindo que ten que aprobar os orzamentos do ano 2026 para non reiterar o que pasou no 2025”, sinalou.
Desde o PP defenden que esas facturas deben incorporarse ás partidas correspondentes dentro dun novo orzamento municipal. “O que lle dicimos o Partido Popular e o BNG é que traia os orzamentos e que impute eses 466.000 euros nas diferentes partidas para ter xa unha referencia real do gasto para o ano 2026, como fan todos os concellos”, afirmou o portavoz popular.
O líder popular tamén respondeu ás acusacións do alcalde e rexeitou calquera intento de presión política. “O señor Cajoto, como fixo sempre, intentou chantaxearnos co argumento de que as empresas deben cobrar”, asegurou Castiñeira.
Neste sentido, o portavoz do PP deixou claro que o seu grupo “está a favor de que as empresas cobren e cobren canto antes, pero non a calquera conta”. Segundo advertiu, aprobar agora esas facturas con cargo ao orzamento prorrogado podería provocar problemas aínda maiores nos próximos meses. “Se se esgotan agora as partidas do prorrogado con facturas do ano pasado, volverá a pasar o mesmo e as empresas que facturen no segundo semestre non terán partida e non van a cobrar”, explicou.
Por iso, o Partido Popular considera que a única solución responsable é que o alcalde presente de inmediato os orzamentos municipais do 2026. “Entendemos que esta labor de fiscalización é a que ten que facer un partido na oposición, como está facendo o Partido Popular con criterio e sen ceder ás prexudiciais chantaxes do equipo de goberno”, concluíu Javier Castiñeira.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



