Lugo, 17 de setembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou este luns que “os desacreditados na nosa provincia son os representantes do Partido Popular. En primeira instancia Feijóo e logo o seu principal cómplice en Lugo: Balseiro. Xuntos, co beneplácito de todos os seus compañeiros do PP na provincia, teñen sometido aos lucenses a nun castigo permanente alí onde gobernan”.
“Téñennos sen Hemodinámica 24 horas; sen médicos de familia e pediatras, especialmente no rural; sen especialistas nos hospitais comarcais; con longas e longas listaxes de espera na sanidade pública, situación que agravaron logo de que nos impuxeran, con toda a sociedade en contra, o fin das áreas sanitarias para derivarnos aínda máis á privada, pois nin hai máis médicos, nin máis servizos sociais, só máis precariedade e peor atención pública”.
“Teñen aos pacientes aparcados en urxencias ou na zonas de observación durante días porque quixeron pechar as plantas dos hospitais…”.
“Desacreditado está na provincia de Lugo o Partido Popular, Balseiro e Feijóo porque mentiron e deixaron aos lucenses sen o proxecto para o barrio da Residencia; porque son os únicos responsables de que non teñamos Rolda Leste, o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando, a Vía de Alta Capacidade da Mariña ou o desdobramento do corredor cara a Monforte”.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



