Nota de Prensa
Resposta recente da Consellería de Sanidade a unha pregunta do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol na que unha vez máis o departamento que dirixe a popular Pilar Farjas garante a continuidade da área sanitaria da Mariña lucense, así como o reforzo dos seus servizos e autonomía.
<< Ratificamos unha vez máis, que en ningún momento dixemos, nin tivemos pensando modificar o mapa sanitario, e, polo tanto quen asegura que este goberno quere suprimir a área Sanitaria da Mariña lucense minte intencionadamente.
O Hospital de Burela non só será a referencia sanitaria da Mariña, senón que será reforzado tanto en servizos coma en especialización e autonomía.
Será un hospital mellor e máis completo do que é hoxe. Investiremos nel porque creemos no Hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido Popular que creou o Hospital de Burela e será un goberno do Partido Popular quen reforce o Hospital de Burela.
Hoxe hai un goberno que garante a área sanitaria da Mariña e este goberno vai apostar pola súa viabilidade e sostenibilidade, a continuidade asistencial entre AP * , AE *, Urxencias e socio-sanitario, imos potenciar os servizos dos hospitais e da AP * da Mariña.
Na actualidade no hospital da Costa xa se están a preparar dúas obras para potenciar este centro, cun investimento que supera o millón de euros.
A primeira das obras abrangue a área de hospitalización de obstetrícia e a remodelación de paritorios, e a segunda refírese ao cambio que cómpre facer na cuberta de fibrocemento e na rampla de acceso. Da primeira das actuacións xá está elaborando o proxecto arquitectónico e adxudicada a obras, e no segundo caso, estase a elaborar o proxecto.
En definitiva, reitérase non só a permanencia da área sanitaria de Burela, senón, tamén, o compromiso de reforzar o papel do Hospital da Costa, co fin de mellorar a súa capacidade de xestión e a súa carteira de servizos>>
** Aclaración: Coas sigas AP e AE se están a referir a Asistencia Primaria (Centros de Saúde) e Asistencia Especializada (Hospital e Puntos de Atención Continuada) que a Xunta pretende integrar baixo un mismo órgano de xestión: o xestor de área integrada. A día de hoxe os xerentes de atención primaria e especializada son distintos.
















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



