Ribadeo, 3 de outubro de 2018. Varias pancartas colocadas en puntos estratéxicos de Ribadeo anuncian a boda de Elisa e Marcela, a representación que A Panadaría porá en escena o domingo, 7 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio Hernán Naval. Ademais o luns, día 8, ás 11:30 horas, o grupo actuará para o colexio Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo, o CIFP Porta da Auga e o centro de día. Representantes do ensino e dos usuarios do centro asistiron este mediodía, no parque de San Francisco, á presentación desta obra teatral que correu a cargo do concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense dixo que “para nós é un pracer falar con toda a veciñanza e convidalos a asistir a un casamento que vai haber no auditorio Hernán Naval, porque casan Elisa e Marcela. Convídannos a todos e a todas os que andemos por Ribadeo ese domingo a participar nesa representación teatral, neste casamento que fixo historia porque non hai que esquecer que está baseado nun feito real, aínda que desde a perspectiva xa do século XXI da defensa dos dereitos para todas as orientacións sexuais a ter unha vida plena tanto no aspecto emocional como tamén no legal, que é importante”.
Graña engadiu que “A Panadaría Teatro unha vez máis ven a Ribadeo e é un pracer contar coa súa presenza, e ademais nesta ocasión tamén quixemos aproveitar para facer extensivo non só ao público habitual do teatro ribadense o domingo pola noite, nesta ocasión vai ser ás oito da tarde. Pero a maiores o luns haberá centros educativos, ademais do centro de día A Concordia, que tamén van asistir á representación ás once e media ao auditorio Hernán Naval, participan o colexio Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo e o CIFP Porta da Auga. Trátase de que colaboremos cos centros educativos divulgando a educación en valores e aproveitando a ocasión dunha representación tan ben levada a cabo por A Panadaría Teatro, que nos ten moi acostumados ao seu bo facer teatral”.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



