Viveiro, a 4 de outubro de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
Fai máis dun ano o equipo de goberno local daba a coñecer nos medios que estaban elaborando un proxecto para a ampliación e a modificación da rotonda da Misericordia.
Esta é unha actuación moi demandada, sobre todo polos conductores de vehículos pesados e autobuses dados os riscos que conlevan as maniobras, así como o alto custe que teñen que soportar polo desgaste que sufren algunhas partes dos vehículos como consecuencias das torsións soportadas ó efectuar os xiros cun espacio tan reducido.
Como a día de hoxe a situación está exactamente igual que cando se realizaron os cambios de tráfico no noso Concello, sen que se teña efectuado actuación algunha neste punto, e conscientes de que se precisa a colaboración da administración autonómica e a estatal, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1º) Un ano despois do anuncio, teñen xa elaborado dito proxecto para a modificación desta rotonda?
2º) En caso afirmativo, cando pensan executalo e cal e o seu custe?
3º) A día de hoxe, que xestións teñen realizado coa Xunta e con Costas do estado para poder levar adiante dita remodelación?
Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Varios veciños se dirixiron o noso grupo para comunicarnos que en diversas zonas da parroquia de Covas, como acontece na rúa Castelos ( vivendas sociais ) e na pista dirección Puxigueira situada entre o antiguo Hotel Cociña e o muro do Pazo de Grallal,así como a zona reservada para turismos frente o cemiterio parroquial, teñen abundantes fochancas e os accesos están moi deteriorados como consecuencia das nulas actuacións en materia de conservación.
Por estes motivos lle ROGAMOS ó equipo de goberno local que acometa a maior brevidade posible, a mellora e reparación destes accesos sinalados.
Celestino García Paz
Concelleiro PP de Viveiro