NOTA DE PRENSA
O POL afecta en Barreiros a 3374 hectáreas, 2650 delas por riba dos 500 metros.
O BNG solicítalle ao Alcalde que explique se lle segue a parecer ben o POL.
O POL prohibe edificar en Barreiros en solos que a propia Xunta considera urbanos.
O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros procedeu a analizar na xuntanza do seu Consello Local a afección que neste Concello vai ter o Plano de Ordenación do Litoral que ven de remitir á Alcaldía a Xunta de Galiza. Desde o BNG lamentaron que por parte do Goberno Local non se quixese debater no anterior pleno unha moción dos nacionalistas solicitando o estudo por parte da Corporación deste documento, dada a importancia que ten para Barreiros. Nesta liña o BNG informou que o POL afecta a 3374 hectáreas das que 687 se corresponden coa area de protección, na que está permitido ningún uso residencial,793 hectáreas coa mellora ambiental e paisaxística, na que agás excepción non se permiten usos residenciais, e 1929 hectáreas coa area de ordenación cuxos terá que determinar o Concello no PXOM.
Os nacionalistas non deixan de considerar curioso a doble linguaxe do PP que despois de realizar unha campaña de insidias afirmando que o Plano do Litoral do Bipartito non ía permitir edificar por baixo da franxa dos 500 metros, agora preséntanos unha proposta que no caso de Barreiros significa a ordenación de usos por riba da franxa dos 500 metros cifrada en 2650 hectáreas. Neste sentido desde o BNG queren recordar a prohibición de usos residenciais por riba dos 500 metros nunha dimensión de 281,75 hectáreas, dándose o paradoxo da prohibición para edificar mesmamente por riba da estrada N-634 en San Miguel de Reinante.
O Consello Local do BNG considera que o Plano establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica e abre a porta ao urbanismo a carta, realidade tan coñecida neste Concello. Nesa liña os nacionalistas solicitan que o PP explique por que non se pode edificar en solo clasificado como urbano tanto nas normas do 94 como nas normas provisorias da Xunta do 2007 (centro urbano de San Miguel) e abre a porta para a edificación en solo hoxe considerado de protección forestal como os Caxigais. Tamén tería que aclarar o PP por que no centro de San Cosme pola beira riba da N-634 pode seguir expansionandose o núcleo e porén para beira de baixo da estrada non se permite a expansión residencial. Na mesma liña na zona dos Caxigais só se fixan dúas bolsas de protección forestal, lóxico se atendemos ao seu carácter de monte, e sen embargo no resto da área que tamén conta mesma masa árborea se clasifica como de mellora ambiental e paisaxística. Xa por último os populares nos deberían clarexar por que usos que permite a normativa provisoria da Xunta como residenciais, agora son denegados ao caracterizar esa área como de protección
Os nacionalistas consideran grave que o Plano veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanos no Planeamento en vigor aprobado pola propia Xunta. Neste sentido hai que ter en conta que se fixa como área de protección toda a bolsa de solo urbano que vai desde a Anguieira a Remior, zona por outra banda xa edificada, o que significa que o conxunto desas promocións queden foran de ordenación. Non estaría mal que o Conselleiro do ramo e o Alcalde de Barreiros nos expliquen como teñen pensado resolver o litixio urbanístico de Barreiros cando a maioría das vivendas afectadas pola suspensión se concentran na área de protección, que como xa explicamos é unha área onde non se permiten usos residenciais.
O Bloque Nacionalista Galego solicita que o Alcalde de Barreiros convoque a comisión de estudo do Plano de Ordenación do Litoral e que lle aclare aos veciños deste Concello se lle parece tan axeitado despois dos dados que lle vimos de transmitir desde o BNG sobre este instrumento de Planeamento. Estamos convencidos que o Alcalde deste Concello non faría declaracións tan alegres sobre o contido do POL , se no momento de facelas públicas se tomase a molestia de estudar o documento.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



