Ribadeo, 11 de outubro de 2018. Este domingo, 14 de outubro, celebrarase en Ribadeo a Festa da Horta. Terá lugar nas inmediacións da praza de abastos, e haberá obradoiro de cestería, música, zume de mazá artesá, castañas asadas e degustación de produtos da horta local. Esta cita está organizada polo Concello de Ribadeo e a asociación A Sucadoira.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, explicou que “o vindeiro domingo, 14 de outubro, celébrase en Ribadeo a Feira da Horta, que xa vai pola décimo sexta edición, e que terá lugar na praza de abastos durante toda a mañá en horario de nove a dúas. Esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival dos mercados dos domingos, que se celebra no mesmo sitio onde se ubica a feira, diante da praza de abastos. Está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores e produtoras de horta A Sucadoira”.
A edil ribadense relatou que “este evento ven pechar toda esta serie de mercados que se veñen celebrando durante os domingos do verán, e que teñen como obxectivo principal promocionar o consumo de proximidade e local, e tamén o apoio á creación de canles de comercialización máis curtas e máis directas cos clientes, algo que ao final redunda na mellora e sostenibilidade da economía local”.
Martínez lembrou que “a finais de xuño empezamos, e nos meses de xullo, agosto e setembro, foron moitas as persoas que se deron cita neste mercado tradicional para mercar produtos de calidade e gozar de diferentes actividades que durante algún dos domingos tivemos no mercado tanto musicais, como gastronómicas e culturais. Neste encontro que se fai os domingos creo que atopamos un espazo para as relacións sociais, para potenciar esas charlas nas que o consumidor pode falar con tranquilidade, e ademais de forma directa co produtor, sabendo así o que se come, gañando en saúde para o consumidor e en saúde para a economía local”.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo sinalou que “as actividades das que imos poder disfrutar durante a mañá do domingo, en Ribadeo na Feira da Horta, serán os mesmos postos que temos durante o verán con produtos de horta e outros máis elaborados de xeito artesanal como son conservas, coitelería, embutidos, bombóns, queixería e panadería, entre outros, pero aos que ademais se van sumar catro postos máis que serán da zona de proximidade tamén como é o caso do viño de Negueira de Muñiz, haberá ademais plantas medicinais e cosmética natural, castañas e setas. Así polo tanto poderemos contar con 18 postos onde mercar e degustar estes produtos”.
E engadiu: “ademais da venda de produtos, haberá durante toda a xornada diferentes actividades. Teremos degustación de produtos de horta, castañas asadas, elaboración artesá de zume de mazá durante toda a mañá e a partires das once haberá un obradoiro de cestería, para o que a xente se puido apuntar no Concello, ou o mesmo día no mercado. Ás doce teremos o pregón a cargo de Elia Rodríguez Álvarez, unha muller dedicada dende hai corenta anos á agricultura e fundadora da finca As Fadegas nas Anzas. Ela é unha muller pioneira na agricultura ecolóxica en Galicia, e polo tanto tamén aquí en Ribadeo, e ademais é defensora do sector dignificando sempre a profesión. Elia foi compañeira deste mercado dos domingos desde os seus inicios ata o ano pasado que se xubilou, polo tanto será ela a encargada de pechar esta décimo sexta Feira da Horta. Tamén a partires das doce e media teremos o concerto de Franklin Soul. Polo tanto en base a todo isto convidamos a participar a toda a cidadanía e achegarse á feira, incentivando así o desenvolvemento local da zona, e animar a que todo o mundo se achegue tamén a consumir proximidade e calidade, un consumo local de calidade, vinculado ao rural”.
Tamén desde a asociación A Sucadoira convidan a asistir á Feira da Horta este domingo na contorna da praza de abastos.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



