A Mariña, 20 de outubro de 2018. A praza do Concello, en Foz, acolleu esta noite o quinto dos oito sorteos que a FCAM realiza ata o 10 de novembro e nos que está a repartir más de 10.000 euros en premios. Cada fin de semana póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto focense foron: Miguel Ángel Ampudia, de Langreo; Rosa Alonso, Adriana Perea, José Sevilla e Mercedes Basanta, todos eles de Foz.
Con 200 euros foi premiada Mª Jesús Basanta, de Foz; e os 300 e 500 euros en vales de compra foron para Vanesa López Muñiz, tamén de Foz.
Os premios foron entregados polo presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, polo vicepresidente, José Ginzo, e polos tamén directivos da asociación Celia Núñez e Ramón Castro. A encargada de entregar o premio de 500 euros foi a concelleira focense Mercedes González Alonso. O sorteo foi conducido polo xornalista Anxo Rivas, de Radio Foz.
O seguinte sorteo da campaña da FCAM terá lugar en Lourenzá o 27 de outubro. E continuarán en Xove o 3 de novembro e o 10 de novembro en O Vicedo.
