Lugo, 30 de outubro de 2018. O Pleno da Deputación aprobou este martes, co non do PP, a proposta do Goberno para mellorar a atención a mulleres con endometriose e a divulgación da doenza para o seu correcto e temperán diagnóstico e tratamento. A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izqiuerdo, explicou que “a endometriose é unha terrible enfermidade crónica, hoxe en día descoñécense as causas que a provocan, a dimensión real da súa incidencia e os tratamentos mais adecuados. E todo por culpa dunha terrible ausencia de recursos e de consideración de xénero mantendo crédito en afirmacións tan terribles como que a regra doe, e polo tanto hai que aguantar. Polo tanto, a nosa obriga é cambiar ese paradigma”.
A Deputada de Benestar subliñou que “se trata dunha enfermidade que afecta a mais do 10% da poboación feminina. Unha ou dúas de cada 10 mulleres que coñezan, padecen endometriose. Cerca de 2 millóns de mulleres en España, 60.000 mulleres en Galicia, das cales 9.000 poden estar en situación grave. Isto é unha estimación, porque o principal problema é a falta de diagnose”.
Neste senso, “dende o Goberno da Deputación, o primeiro que pedimos é formación para os nosos profesionais, que non pasen de largo cando vexan os síntomas. Despois, consultas específicas de profesionais que entendan da materia e poidan tomar decisións axeitadas, como, por exemplo, derivar ás consultas multidisciplinares que hai funcionando en España, en Barcelona ou en Madrid. E por suposto ir creando unha propia unidade multidisciplinar en Galicia, que xa hai casos dabondo para xustificala”, subliñou.
Postura en contra do PP
“Ademais pedimos que o PP retorne á postura do día 22 de abril de 2015 na que votou a favor dunha moción na que xa se avanzaba nestes asuntos. Lamentablemente a primavera do ano pasado votaron en contra de ratificar ese acordo… aínda que despois, a primeiros de este mes de outono, din nunha resposta ao Grupo Parlamentario Socialista que xa teñen postas en marcha as medidas adoptadas en aquel acordo. Resposta, evidentemente, feita por unha persoa que non sufre a doenza, porque dicir que en todos os servizos de xinecoloxía de cada EOXI, existe unha consulta específica que permite garantir unha atención de boa calidade ás mulleres con sospeita ou diagnostico de endometriose; dicir que en cada unha delas establécese un circuíto asistencial, no que se inclúe a derivación a outras unidades como son cirurxía ou esterilidade… dicir iso, entre outras afirmacións, cando menos demostra moito descoñecemento da realidade e unha ofensa ás mulleres con endometriose”, apuntou.
López Izquierdo lembrou que “o Grupo Socialista presentou unha enmenda aos Presupostos Xerais do Estado de 2018 para dotar con un millón de euros o Observatorio de Saúde da Muller e dita emenda foi rexeitada polo Goberno do PP. Actualmente, o Goberno central está mellorando o tratamento e codificación da enfermidade na Base de Datos de Atención primaria. Atención primaria que, non podemos esquecer, o Goberno do PP, ten desmantelada e sen medios. Porque ademais de faltarlles formación aos profesionais faltan os medios. As veces un TAC podería axudar no diagnóstico da enfermidade, pero claro, polas tardes non funciona o servizo de raios no Hula, así que se derivan aos privados que teñen equipos de peor calidade e resolución, polo que si xa é difícil ver a endometriose xa me contarán con probas de pouca resolución. Pero bueno, é evidente que a política sanitaria do PP, ten outras prioridades”.
A Deputación colabora coa Asociación QuerENDO
A Deputada explicou que “as mulleres con endometriose teñen moitos problemas para quedar embarazadas e sen embargo non teñen ningunha facilidade para acceder aos tratamentos de fertilidade nos hospitais públicos, por iso pedimos que se fagan melloras neste aspecto. Ao Ministerio pedímoslle que convoque un Consello Interterritorial no que se aborde o compromiso por parte das Comunidades Autónomas no cumprimento destes acordos e que se inclúan na financiación pública os medicamentos que teñen que tomar estas mulleres e que resultan ser moi caros”.
“Dende a Deputación, xa estamos comprometidos coa asociación QuerENDO en solicitar aos Institutos de Investigación Públicos que dediquen esforzos en investigar as causas e os tratamentos desta enfermidade e en traballar pola información e divulgación das características desta enfermidade que pasa por empezar a desnormalizar a dor na menstruación e poñer mais actitude de sospeita na enfermidade, nunca nas mulleres”, apuntou López Izqiuerdo.
“Dende logo, hai que poñer perspectiva de xénero, en todas as políticas, en todas, pero no caso da saúde é urxente para evitar os problemas no diagnóstico de enfermidades como a endometriose, como os infartos, como toda a xestión do embarazo, do parto, da crianza… As políticas carentes de perspectiva de xénero rodéannos, non é suficiente con dicir que somos moi pro igualdade, hai que demostralo. E Igualdade, señoras e señores, non é considerarnos aos homes e as mulleres iguales, porque biolóxicamente non o somos, a igualdade é recibir os mesmos esforzos e consideración na nosa atención”, concluíu a Deputada.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



