Burela, 13 de novembro de 2018.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará o vindeiro verán a obra de remodelación integral do CEIP Virxe do Carme de Burela, para a que a Administración autonómica reserva un orzamento de preto de 860.000 euros. Así o avanzou esta tarde o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nun encontro mantido coa dirección e representantes da asociación de nais e pais do alumnado do centro.
Balseiro explicou que desde o Goberno galego consideran prioritario acometer unha actuación deste tipo, logo das correspondentes visitas técnicas e de inspección, para mellorar as instalacións do centro e corrixir as deficiencias detectadas. “As obras son urxentes. Anticiparémolas respecto da data inicialmente prevista. Queremos garantir ao conxunto da comunidade educativa, e moi especialmente pensando nos menores que estudan no centro, que dispoñan dunhas instalacións nas mellores condicións, modernas e renovadas, situación que neste momento non se está dando”.
Debido á magnitude das obras a executar, a intención do Executivo autonómico é acometelas este verán, unha vez remate a actividade lectiva, co obxecto de provocar a menor interferencia posible. Con este fin o Goberno galego xa está tramitando os correspondentes proxectos técnicos e de obra.
En marcha a obra de urxencia
Con todo a Xunta ten en marcha, tal e como anunciou, as obras de maior urxencia, dirixidas a corrixir as filtracións de auga nas aulas e espazos de uso lectivo, e que afectan á cuberta, canlóns e baixantes, toda vez que os últimos temporais e un deficiente mantemento municipal contribuíron a agravar a mala situación do centro.
A administración autonómica tamén está en contacto co Concello e a empresa de limpeza para coordinar as labores de limpeza e desinfección e substituirase o mobiliario deteriorado e afectado pola couza por outro novo, xa encargado.
Mellora da eficiencia enerxética
O modelo dos traballos a realizar tomará como referencia os proxectos de remodelación e mellora da eficiencia enerxética que a Consellería de Educación xa realizou noutros centros da provincia, como é o caso do CEP Lois Tobío de Viveiro.
En concreto, está previsto unha renovación e modernización global das instalacións dos tres edificios que compoñen o complexo. Actuarase sobre a carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas e lucernarias), no illado da fachada, substituiranse as luminarias existentes por unhas de baixo consumo e tecnoloxía LED e tamén hai previstos traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación e pintado de aulas) e melloras nos aseos, entre outras.
50 aniversario do centro
O CEIP Virxe do Carme celebrou no ano 2013 o seu 50 aniversario, en concreto a das antigas escolas unitarias emprazadas neste mesmo recinto que deron orixe ao colexio. Na actualidade está composto por tres edificios independentes e un pavillón polideportivo, todos eles de distinta antigüidade. Neste curso académico presenta unha matriculación de 346 alumnos, dos que 97 están cursando educación infantil e 249 máis estudando educación primaria.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



