A Pontenova, 13 de novembro de 2018.- O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, denunciou este martes que os seus veciños levan tres días cun só médico no centro de saúde porque a Xunta tampouco cubre unha baixa por enfermidade. Campos Conde alertou de que ducias de veciños non están sendo atendidos e esixiu á Xunta que solucione esta situación de xeito inmediato. No centro de saúde da Pontenova había 3 médicos ata que o Goberno autonómico do PP se negou a cubrir a recente xubilación dun dos profesionais, pasando a ter 2 e nos últimos días unicamente 1.
O Rexedor destacou que nunha reunión pública de todos os veciños con responsables da Xerencia de Atención Primaria do Sergas, os pontenoveses pedimos á Xunta “manter os 3 médicos que tiñamos no noso centro de saúde ante a recente xubilación dun dos profesionais. Negáronse a facelo aínda que lles presentamos máis de 1.500 sinaturas dos veciños, solicitándoo. Quedámonos con tan só 2 médicos”.
“Tamén lles reclamamos que cubrisen a praza vacante de PSX, que é o profesional que atende as chamadas ao centro de saúde para pedir cita ou ser atendido nas casas. Tampouco o fixeron e contamos con tan só 1, que non pode asumir todo o traballo. Isto supón que moitas chamadas sexan derivadas a unha centralita a Santiago, que os nosos veciños, principalmente maiores, non solucionen e teñan que desprazarse persoalmente ben cun familiar ou en taxi ata o centro de saúde”.
“O único que si nos prometeron nesa reunión foi que solucionarían calquera tipo de problema ou incidencia que puidese xurdir, como unha posible baixa por enfermidade. E agora vemos nin isto fan. Xa está ben. Coa saúde non se xoga. Non somos números, somos persoas con dereito a unha sanidade pública e de calidade. Máis aínda se cabe no rural, onde temos máis veciños maiores, que viven lonxe da capitalidade do municipio onde está o centro de saúde e en moitísimos casos soas ou con dificultades para desprazarse. Como vai a facer un único médico para atender todas as consultas que antes atendían 3 e ao mesmo tempo desprazarse a unha urxencia a un domicilio?”. A Pontenova ten 2.300 habitantes. Máis do 35% son maiores.Hai 67 núcleos poboacionais. A dispersión xeográfica é de 17 habitantes por quilómetro cadrado.
“En nome de todos os veciños da Pontenova, que levamos tempo sen recibir a atención sanitaria pública á que temos dereitos, esiximos á Xunta que solucione inmediatamente esta situación, cumprindo coas súas responsabilidades legais. Isto xa vai moito máis alá das ratios nas que se escudan para recortar máis e máis os servizos públicos”, concluíu.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



