Burela, 18 de marzo de 2021. Os bureleses máis expostos ao público por razóns laborais serán citado para un cribado masivo que se realizará a vindeira semana no Hospital Público da Mariña, s... Ler máis
O dragado do Encoro de Rúa é a solución para o abastecemento de auga de Cervo e Burela, afirma o BNG
Burela/Cervo, 18 de marzo, 2021. Trala información aparecida nos medios nas últimas datas acerca dunha débeda dos concellos de Cervo e Burela con Augas de Galicia, dende o BNG nos dous conce... Ler máis
Burela, a 18 de marzo de 2021. O Grupo Municipal Popular no Concello de Burela vén de presentar unha moción na que insta ao alcalde Llano a iniciar o procedemento para cubrir a praza de médi... Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS vén de chegar a un acordo con Labeling Rotulación, con sede no Polígono do Ceao, como provedor oficial da entidade laranxa. O presidente, Manuel Blanco, reuniuse h... Ler máis
Burela, 17 de marzo de 2021. A Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración organiza actividades para fomentar a sensibilización nos menores. Van dar comezo mañá, 18 de marzo e segu... Ler máis
Burela, 17 de marzo de 2021. No Concello de Burela presentouse este mediodía o 1º Certame Galego de Videoclips Musicais Music@rte no que poderán participar as escolas de música, conservatori... Ler máis
Burela, 16 de marzo, 2021. O Pescados Rubén Burela FS non puido estrear a semana puntuando na rifadísima cita ante Industrias Santa Coloma (4-3). Aínda que foron os de de Sito Rivera os prim... Ler máis
Burela, 16 de marzo de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a residencia de maiores de Burela para coñecer a situación do centro, agradecer o “inmenso es... Ler máis
Burela, 15 de marzo, 2021. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu esta tarde o Pescados Rubén Burela FS, no pazo de Raxoi, como o Mellor Club Feminino do Mundo, coa... Ler máis
Lugo 15 de marzo de 2021. A vicepresidenta Maite Ferreiro visitou esta mañá o colexio Rosalía de Castro, onde se desenvolveu un dos obradoiros do programa ilustrarNÓS, que inclúe máis dunha... Ler máis
Éxito do Curso de Iniciación á Lingua de Signos, que se está impartindo os venres e os sábados. Nove son as persoas que asisten a esta formación que é impartida por Julia Sánchez. A primeira... Ler máis
Tras un ano de parón nas rutas de Paso Miudo por culpa do Coronavirus, comenzaron as rutas en modo responsable. Neste caso sen saír da Mariña, con máscaras, acudindo cada non convivinte no s... Ler máis
Burela, 14 de marzo, 2021. O grupo municipal do BNG no concello de Burela ven de rexistrar unha solicitude para ter acceso ó expediente no que se encadra o convenio de cesión dos inmobles de... Ler máis
Burela, 13 de marzo, 2021. A liga de Primeira Feminina regresaba a Vista Alegre esta tarde, despois de máis de dous meses, cunha cita de máxima igualdade na que as Guerreiras non conseguiron... Ler máis
24.339, este ó número que deixará 6.000€ por décimo e que se despachou na cafetería Vista Alegre. Ler máis
Burela, 12 de marzo, 2021. O Pescados Rubén Burela FS mereceu máis esta tarde na visita de Osasuna Magna (0-1), nunha cita na que houbo unha parte para cada equipo. Os laranxas, que na prime... Ler máis
Burela, 12 de marzo de 2021. O Concello ven de ceder o primeiro bloque das antigas vivendas de profesores do colexio dos Castros. O Centro San Aníbal farase cargo da súa xestión e tutela, se... Ler máis
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021. A Xunta solicitoulle hoxe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a simplificación dos trámites necesarios para autorizar... Ler máis
Burela, 12 de marzo de 2021. A Concellería de Deportes fixo entrega material deportivo ao club de atletismo local. O edil Ramiro Fernández Rey considera que o club está traballando moi ben e... Ler máis
Burela, 12 de marzo de 2021. O PP de Burela demostrou onte que é o único partido da oposición denunciando novamente as irregularidades que reflexa o informe de intervención. Dito informe fal... Ler máis
Lugo 12 de marzo de 2021. As actividades do programa ilustrarNÓS, promovido pola Vicepresidencia, continúan este luns, 15 de marzo, con dous obradoiros nos colexios Rosalía de Castro e Anexa... Ler máis
Burela, 11 de marzo de 2021. Recepción no Concello ao Burela FS en recoñecemento aos éxitos conseguidos polos equipos masculino e feminino. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, a... Ler máis
Burela, 11 de marzo de 2021. Alumnado de 6º de Primaria do Ceip Virxe do Carme participou onte pola mañá nunha actividade coas monitoras de Gaia, do Concello de Burela, cultivando un semente... Ler máis
Burela, 10 de marzo de 2021. O PP vén de reunirse coa asociación de cazadores de Burela, o máis importante da Mariña que engloba ata tres concellos da comarca -Burela, Cervo e Xove- e que co... Ler máis
Burela, 9 de marzo, 2021. A base laranxa está de parabéns. Xunto ao Xuvenil, en División de Honra, agora tamén se poderán sumar á competición outras 4 categorías para as que o Pescados Rubén... Ler máis
Burela, 9 de marzo de 2021. A Concellería de Cultura programa para este sábado, 13 de marzo, a actuación de Paco Nogueiras que presenta o espectáculo musical Extra. A representación terá lug... Ler máis
Burela, 6 de marzo, 2021. O Pescados Rubén Burela FS cumpriu esta tarde cunha cómoda vitoria na pista do pechacancelas, Xaloc Alacant FS (0-7), encadeando ademais a súa terceira cita con por... Ler máis
Burela, a 06 de marzo de 2021. O PP de Burela ve carencias no decretazo para os locais de hostalaría sacado polo alcalde. “É positivo e lóxico que dende o Concello se teña algún tipo de cont... Ler máis
Burela, 6 de marzo de 2021. Onte, 5 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Eficiencia Enerxética, coa finalidade de reflexionar e concienciar da importancia do uso racional da enerxía para o... Ler máis


















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.