Burela, a 06 de marzo de 2021. O PP de Burela ve carencias no decretazo para os locais de hostalaría sacado polo alcalde. “É positivo e lóxico que dende o Concello se teña algún tipo de control da situación das mesas no interior e no exterior dos locais de hostalaría da nosa vila, especialmente coa pandemia que se está a vivir. O que xa non é tan positivo nin tan lóxico é que se meta aos profesionais da hostalaría da nosa vila nun fregado burocrático cando o propio concello ten técnicos na materia que, perfectamente, podería colaborar cos hostaleiros para facer eses planos de situación que se lles require por medio deste decreto, aparentemente, non consensuado cos profesionais do sector”, indican os populares.
E seguen, “no que se refire ao tema das terrazas, con este decreto, o alcalde Llano, dalgún xeito ben a recoñecer dunha maneira totalmente implícita, que non existe dende a propia administración local un control rigoroso nin exhaustivo das mesmas. É máis, o que se desprende da propia lectura do decreto é que algunhas desas terrazas poderían estar irregulares, sendo o Concello coñecedor deste feito e consentindo o mesmo, o que podería estar provocando entre os hostaleiros de Burela un claro agravio comparativo, xa que uns terían recoñecida oficialmente esa terraza, e estarían aboando a correspondente taxa, e outros non”.
“Se isto se chega a comprobar a situación derivada é gravísima porque o socialista e o seu equipo de goberno estarían a prestarlle un clarísimo trato de favor a algún ou algúns hostaleiros da nosa vila, prexudicando deste xeito ao resto”, manifestan con contundencia os populares.
Dende o PP consideran que, “se con este paso o que se pretende é regularizar a situación das terrazas, de forma totalmente razoable, o paso previo debería de ser crear unha ordenanza municipal para elo, regulando así a colocación destas, coa correspondente colaboración dos propios hostaleiros na súa redacción, non estando de máis que buscara o consenso coa oposición”.
Os populares aclaran que esta posible ordenanza é algo que xa anunciara no seu día o alcalde, alá polo ano 2016 “pero, como todo o que anuncia o Sr. Llano, quedou en nada”. Finalmente, consideran “imperiosamente necesario que dende a alcaldía se saque por fin unha liña clara de axudas directas ao sector da hostalaría, pois é francamente raro que a estas alturas do ano, a primeiros de marzo do ano 2021, tanto os profesionais deste sector coma o de outros da nosa vila, aínda non cobraran nin un só céntimo de todo o que se comprometera a dar o goberno local do Sr. Llano alá polo verán do ano 2020”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



