Burela, 20 de marzo de 2021.- Dende o PP de Burela cualifican de “proxecto fallido para Burela o que está a amosar o alcalde Llano neste mandato”. Os populares indican que “só hai que ver as... Ler máis
Burela, a 18 de marzo de 2021. O Grupo Municipal Popular no Concello de Burela vén de presentar unha moción na que insta ao alcalde Llano a iniciar o procedemento para cubrir a praza de médi... Ler máis
Burela, 12 de marzo de 2021. O PP de Burela demostrou onte que é o único partido da oposición denunciando novamente as irregularidades que reflexa o informe de intervención. Dito informe fal... Ler máis
Burela, 10 de marzo de 2021. O PP vén de reunirse coa asociación de cazadores de Burela, o máis importante da Mariña que engloba ata tres concellos da comarca -Burela, Cervo e Xove- e que co... Ler máis
Burela, a 06 de marzo de 2021. O PP de Burela ve carencias no decretazo para os locais de hostalaría sacado polo alcalde. “É positivo e lóxico que dende o Concello se teña algún tipo de cont... Ler máis
Burela, 20 de febreiro de 2021. O Grupo Municipal Popular de Burela denunciou o venres diante do Valedor do Pobo a total e absoluta falta de transparencia do goberno presidido polo señor Lla... Ler máis
Burela, 15 de febreiro de 2021.- “Segundo a información remitida pola FEGAMP ao Sergas este pasado venres, o Concello de Burela non figura na lista de entidades locais que facilitaron o list... Ler máis
Burela, 12 de febreiro de 2021. O Partido Popular de Burela prégalle ao alcalde que se aclare. “Se ben aplaudimos a decisión de condonar o pago das terrazas durante os seis primeiros meses... Ler máis
Burela, a 15 de novembro de 2018.- Manuel Rouco, presidente da xestora do PP de Burela, afirmou hoxe que “a presenza do presidente da Xunta en Burela, Alberto Núñez Feijóo no día de onte par... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP afirma que o DOG acredita a vagancia do alcalde. Os populares aseguran que se perdeu a subvención para abrir os centros de ensino fóra de horario. Consideran que o al... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP apoiará a aprobación por consenso do II Plano de Igualdade do Concello de Burela. Elisa Crego lembra que o primeiro foi feito polo PP. Crego destaca o traballo feito po... Ler máis

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



