Muras, 22 de febreiro, 2021. O goberno local sacou igualmente adiante co voto da maioría da corporación municipal, os proxectos para desenvolver este ano coa axuda provinte do fondo de compe... Ler máis
Muras, 12 de xaneiro, 2021. O Concello de Muras convoca a 1ª edición do concurso fotográfico “Neve en Muras”. 1. PARA PARTICIPAR. Os concursantes subirán as fotos nevadas de pai... Ler máis
Santiago de Compostela, 22 de Decembro 2020. A portavoz parlamentaria de Enerxía do BNG, Noa Presas reclamou un “cambio de rumbo” contra a falta de planificación e ordenación ante o boom eó... Ler máis
Muras, 22 de novembro de 2020. Celebrada o pasado sábado 14 de novembro en O Viveiró, a cata foi o mellor escaparate para fomentar a calidade do mel dos apicultures murenses, representantes... Ler máis
Lugo, 6 de novembro de 2020. A Xunta de Galicia financiará tres obradoiros duais de emprego que se desenvolverán en seis municipios da Mariña e no de Muras, que concorre en agrupación con d... Ler máis
Viveiro, 24 de outubro de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executou labores de limpeza no leito e as marxes do río Xunqueira, en Viveiro, e... Ler máis
Lugo, a 23 de outubro de 2020. A voceira popular de Muras, Eugenia Requeijo, trasladoulle á presidenta provincial do PP, Elena Candia, a súa preocupación ante “a inactividade do goberno bip... Ler máis
Muras, 1 de outubro de 2020. O goberno local sacou adiante co voto unánime da corporación municipal, as bases de axuda ao pago da factura da luz e as de estudantes, no pleno celebrado onte... Ler máis
Lugo, 27 de agosto de 2020. Os concellos Guntín, A Pontenova, Abadín, Becerreá, Begonte, Guitiriz, Láncara e Muras acollerán nos vindeiros días 12 propostas culturais da man de Cultura no C... Ler máis
Muras, a 19 de agosto de 2020. A voceira do Grupo Municipal do PP de Muras, Eugenia Requeijo, denuncia o uso de placas de inauguracións de obras de distintas instalacións como tapas para os... Ler máis
Muras, 27 de xuño de 2020. A cabeza de lista do BNG ao Parlamento galego, Olalla Rodil, visitou este sábado Muras, un “concello marca BNG” que puxo como exemplo da “xestión enerxética que a... Ler máis
Muras, 2 de xuño de 2020. A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora da cuberta do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Antia Cal Vazquez de Muras, ás que destinou un... Ler máis
A Mariña, 26 de marzo, 2020. O Sindicato Labrego Galego vén de instar aos concellos de Muras, Xermade e Vilalba para que rexeiten a reorganización da atención sanitaria da comarca que preten... Ler máis
Muras, 08 de xaneiro de 2020. A Xunta de Galicia achega ao Concello de Muras 511.920 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental para levar a cabo diferentes actuacións de mellora de... Ler máis
O Vicedo, 3 de decembro de 2019.- O obradoiro de emprego Terras do Sor III botou a andar con 20 alumnos traballadores dos concellos do Vicedo, Ourol e Muras, que recibirán formación e empre... Ler máis
Muras, 3 de decembro, 2019. A voceira do PP en Muras, Eugenia Requeijo, adianta que a Xunta de Galicia acometerá a mellora da cuberta do Ceip Antía Cal o vindeiro verán. Este foi un dos asun... Ler máis
Tras gañar na prestixiosa Feira de Goente o pasado mes de outubro, a viveirense Loli Lage continúa acaparando galardóns que premian a calidade da marca «Mel O Castelo». A pasada fin de seman... Ler máis
Lugo, 11 de novembro de 2019. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentaron... Ler máis
Muras, 22 de setembro.- Muras celebrou esta fin de semana a 32 edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, que reuniu uns 450 animais. A maior actividade xirou arredor da compra e venda... Ler máis
Nesta 32ª edición, estrea o galardón de Feira de interese turístico galego. Toda a programación podes atopala aquí. https://muras.gal/programacion-feira-do-poldro-2019/ Ler máis
Lugo, 6 de setembro de 2019. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación aprobou este venres dúas solicitudes, unha do Concello de Viveiro e ou... Ler máis















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



