O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistiu en Madrid a un acto de homenaxe ao ex presidente do Goberno, alcalde honorario e marqués da ría de Ribadeo, Leopoldo Calvo-Sotelo. Fernando Suá... Ler máis
FOZ.- Segundo a nota remitida polo PP de Foz a “construción da nova depuradora é unha demostración da mala xestión do equipo de goberno que defende os intereses privados por encima dos... Ler máis
CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presentou unha solicitude nas dependencias da Xunta de Galicia, en Lugo, na que pide falar do xacemento arqueolóxico da Atalaia coa conselleira... Ler máis
BURELA .- O PP de Burela, afirmou hoxe que “o alcalde de Burela vive de rendas, e non se merece cobrar o que cobra, porque non aporta nada ó desenvolvemento do concello”. Estas... Ler máis
FOZ .- O PP de Foz considera que o alcalde, Gracía Rivera, manipula a realidade coas súas declaracións sobre a traída de auga ao lugar da Hermida, xa que “non é certo que tivera que ap... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ten como expectativa que a feira Produart, que se celebrou o fin de sema en Burela, acolla máis expositores o próximo ano “porque este ano... Ler máis
RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dille ao presidente de Portos de Galicia que “pode vir a Ribadeo cando queira a facer cuestións do seu departamento como é lóxico, pero... Ler máis
BURELA.- Segundo manifesta o portavoz do PP, recollendo declaración da vicepresidenta da Deputación, o parque empresarial de Burela quedaría adiado ata a entrada en vigor do PXOM e pregúntas... Ler máis
RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ordeou nas últimas horas cortar un camiño de titularidade municipal próximo á cooperativa dos Irmandiños que estaba a ser empregado por camió... Ler máis
CERVO.- O PSOE cualifica de “impertinente” a intervención do Alcalde de Cervo no acto de inauguración do novo centro de saúde de San Cibrao, por considerar que non tivo en conta... Ler máis
Tres membros da Corporación Municipal de Burela, entre os que se atopa o alcalde, Alfredo Llano, viaxarán o xoves a Zaragoza para visitar a EXPO, convidados pola Embaixada e polo Consulado d... Ler máis
















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



