apagón
Na presentación do cartaz estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
Trátase dun espazo de 33,5 metros cadrados situado nun inmoble da rúa Rosalía de Castro da localidade. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, formalizaron a entrega, que se fai en réxime de alugamento. Arias puxo en valor a colaboración entre a Xunta e as entidades locais para mellorar os servizos públicos que prestan no ámbito municipal.
"Consideramos que non estaría de máis a instalación dunha papeleira fixa na zona, co fin de mellorar a conservación do espazo". "Así mesmo, para quen corresponda, sinalamos que os eucaliptos situados no cantil representan un perigo evidente, tanto pola súa inestabilidade como polo risco que supoñen para as persoas".
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “ayer, jueves 10 de julio, pudimos disfrutar en la playa de Os Bloques de una tarde super entretenida desde las cuatro hasta las siete. Contamos con hinchables acuáticos, donde todos los ribadenses y visitantes disfrutaron de una tarde increíble”. O edil ribadense engadiu; “os esperamos porque habrá más juegos en la playa de Os Bloques. Desde la Concellería de Mocidade seguimos apoyando y dinamizando este fantástico verano”.
As personas interesadas en adquirir este número poden poñerse en contacto con algún membro de Esperanza para facerse co décimo, xa que serán as persoas da directiva da Asociación as que leven a cabo directamente a venda dos mesmos, e para iso o local do colectivo estará aberto todos os mércores deste mes de xullo de seis a oito da tarde
Ata o 12 de xullo, mozos e mozas poderán gozar, aprender e mellorar a súa técnica nun ambiente divertido e seguro. Está organizado pola FEGAN (Federación Galega de Natación) en colaboración co Concello de Cervo, este campus aposta polo deporte e a formación.
O alumnado pertence aos cursos subvencionados pola Xunta de Galicia, que se imparten en Academia A Mariña, “ao finalizar a formación conseguirán a titulación oficial”, explica Becky Hermida, directora de Academia A Mariña.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital