A Mariña, 27 de setembro de 2024. A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar n... Ler máis
A Mariña, 23 de setembro de 2024. O próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Bai... Ler máis
Poderá visitarse ata o 31 de Agosto. Ler máis
Verónica Soto lamenta “a deixadez” do goberno municipal en relación a un servizo turístico que debería ser importante para un pobo coma o noso que recibe moitos visitantes durante o verán Fo... Ler máis
Ribadeo, 6 de xuño de 2024. O Cenima acolleu unha xornada sobre Asociacionismo e gobernanza en turismo, que foi organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña no contexto do SICTED e d... Ler máis
Foz, 21 de marzo de 2024. A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) aposta polo traballo conxunto entre administracións, asociacións e empresas para que A Mariña vexa incrementada a súa puxan... Ler máis
O audiovisual, do xornalista Pedro Lechuga, documenta as mobilizacións contra o proxecto nuclear de Fenosa en Xove nos anos 70 Lugo, 4 de outubro. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a... Ler máis
A Mariña, 27 de setembro de 2023. O 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en rut... Ler máis
Foz, 21 de setembro de 2023. Xa se coñecen os nomes das gañadoras e dos gañadores dos 1.000 euros en vales de compra que AciaFozCCA sorteou na súa campaña de Volta ao Cole. O sorteo, que tiv... Ler máis
A Mariña, 28 de marzo de 2023. Hoxe tivo lugar no Salón de Actos do Cenima, en Foz, a presentación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) na Mariña Lucense. Ao acto as... Ler máis
Foz, 27 de marzo de 2023. Este venres, día 31, ás 12:00 horas no salón de actos do Cenima, de Foz, terá lugar a presentación do primeiro Encontro de Bandas das Escolas de Música da Mariña. A... Ler máis
Foz, 7 de xullo de 2022. Mañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido p... Ler máis
Foz, 10 de xuño, 2021. Autocuidados, prevención da saúde, boas prácticas, consecuencias da violencia de xénero na saúde das mulleres, alimentación… Estas son algunhas das cuestións que se ab... Ler máis
Foz, 19 de maio de 2021. O Concello de Foz inaugura este venres, día 21, a exposición Detrais de muinheira de interior, sobre o videoclip gañador nos premios Mestre Mateo deste ano. A concel... Ler máis
Foz, 28 outubro, 2019. Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decem... Ler máis
Foz 7-11-18. A Festa da Palabra ten continuidade xoves 8 de novembro ás 20·30 no Cenima de Foz cunha espectáculo a cargo de Touporroutou Teatro, grupo de teatro ligado a Asociación cultural... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



