Ribadeo, 17 de novembro de 2018.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a celebración do tradicional concerto na honra de Santa Ceci... Ler máis
O martes ás 21h, concerto na terraza da Casa da Cultura con Xoán Curiel quen repasará música de autores homenaxeados ao longo da historia das Letras Galegas. O mércores ás 22:30h ruta nocturna de 8 km entre a igrexa do Vicedo e San Román pasando polo mirador das Laxes, Tixoso, etc. Ao remate hai posibilidade opcional de degustar un chocolate ou outra consumición por 2€ no Restaurante Areagrande. O xoves ás 16:15h Concurso de Figuras de Area na praia de Abrela. Como sempre haberá 4 categorías, premios para os mellores e agasallos para todos.
Está controlado desde as 14.42 horas deste domingo o incendio forestal da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 57 axentes, 74 brigadas, 80 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 8 avións.
Neste evento, Gómez salientou a importancia deste tipo de feiras para promocionar os produtos agroalimentarios de Galicia, así como para impulsar as producións locais de proximidade. Ademais, a conselleira puxo en valor a ampla tradición deste Mercado Medieval, que está considerado como un dos máis antigos da provincia e que presenta unha ampla oferta de postos artesáns. Estes espazos amosan os oficios tradicionais da Idade Media, proporcionan a posibilidade de degustar diferentes produtos alimentarios, entre outras actividades.
Apenas uns minutos despois das 10 deste venres o 112 Galicia deu curso a unha chamada de alerta por accidente en Lourenzá. Tratábase dun camión que se saíu da vía e foi parar a un pequeno regato apenas sen auga. Sen embargo, o único condutor do vehículo quedou atrapado no interior e necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros. Cando puido ser liberado, recibiu asistencia médica por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazada no lugar dos feitos. Foi a chamada ao 112 dunha persoa particular o que permitiu activar o operativo. Os axentes de Garda Civil de Tráfico, os membros do GES da Pontenova e os voluntarios de Protección Civil da localidade sumáronse a bombeiros e sanitarios para unha áxil atención do ferido e para comprobar o bo estado do regato, libre de verteduras.
Disputárono R.C. Deportivo e Real Oviedo con vitoria galega por 2-1. Contou tamén coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Esta semana as crianzas sorprenderon cunhas fermosas manualidades mariñas. Traballaron con moita ilusión para crear estes snorkels tan orixinais, cheos de cor e detalles. A actividade non só fomentou a súa creatividade, senón tamén o traballo en equipo e a diversión nun ambiente seguro e educativo.
Ademais, con motivo da celebración das Festas de San Roque, o mercado correspondente ao xoves 14 de agosto adiántase ao mércores 13.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital