Ribadeo, 13 de decembro de 2025. O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, de A Ponte de Arante, acolleu esta mañá o acto conmemorativo do X Aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.
O acto comezou co descubrimento da placa conmemorativa do 10º aniversario dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que recolle unha frase de Álvaro Cunqueiro “a Compostela achégase un como quen se achega a un milagre”. Xa dentro da igrexa tomou a palabra Begoña Sanjurjo, a concelleira de Cultura. Despois foi proxectado un vídeo para poñer en valor o Camiño de Santiago e tamén o Camiño Norte como fonte viva e activa de peregrinos cara Compostela. A continuación tivo lugar a quenda de intervencións: Ángel Trabada, vicepresidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago; Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol; José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, e Dani Vega, alcalde de Ribadeo, que apostou por impulsar o Camiño Norte dun xeito colectivo e subliñou que é un motor económico importante e esencial para os concellos polos que discorre. O rexedor tamén dixo que a Capela da Nosa Señora das Virtudes é o lugar ideal para acoller un acto relevante coma o celebrado este sábado.
No acto foi nomeado académico da Academia Xacobea Ricardo Gómez Polín, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e estudoso dos Camiños. Os intervintes destacaron o traballo realizado ao longo dos anos sobre o Camiño e puxeron de releve que reúne todos os requisitos necesarios para converterse en novo académico. Gómez Polín recibiu diferentes agasallos de mans de varias directivas da Academia Xacobea co seu presidente, Marcelino Agís, á fronte, e do alcalde ribadense.
O broche de ouro á xornada púxoo a Coral Polifónica de Ribadeo.
Á celebración asistiron entre outros, o alcalde de Trabada e o delegado territorial da Xunta en Lugo, ademais doutras autoridades civís e militares.






















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



