Vegadeo, 13 de decembro de 2025. A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón iniciou unha nova etapa coa reactivación do seu Foro de Participación Social, un órgano clave de gobernanza que levaba nove anos sen reunirse. Este encontro supón un punto de inflexión na xestión da Reserva e reforza o compromiso das administracións e do territorio cun modelo de desenvolvemento sostible baseado na conservación do patrimonio natural e no impulso socioeconómico local.
A reunión estivo presidida pola directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, e polo director xeral de Custodia do Territorio e Prevención de Incendios do Principado de Asturias, David Villar. Tamén participaron representantes municipais, grupos de desenvolvemento rural, asociacións do territorio e outros axentes sociais.
Durante o encontro subliñouse a necesidade de escoitar ao territorio e de situar ás persoas e ás actividades locais no centro das políticas públicas da Reserva. As Reservas da Biosfera caracterízanse por compatibilizar a conservación da biodiversidade coa xestión sostible e o desenvolvemento territorial, un equilibrio que só é posible mediante o diálogo e a participación activa dos axentes locais.
Desde o territorio, e a través da Asociación InterEo, lévase anos traballando en proxectos de cooperación con universidades, empresas, cooperativas do sector primario e distintas administracións, moitos deles financiados con fondos europeos. Estes proxectos —algúns xa finalizados e outros en execución— consolidan o papel da Reserva como motor de desenvolvemento e cohesión territorial.
Así mesmo, trasladouse ás administracións autonómicas a importancia de manter un compromiso firme e continuado coa Reserva da Biosfera, equiparable ao esforzo que desde hai anos realizan os concellos e as entidades locais. Nese sentido, a reactivación do Foro de Participación Social considérase un paso imprescindible para recuperar o tempo perdido e avanzar cara a unha xestión máis próxima á realidade do territorio.
A reunión permitiu tamén abordar o futuro da Reserva, co obxectivo de consolidar unha dinámica de traballo estable, reforzar a cooperación entre Galicia e Asturias e avanzar na planificación estratéxica. O vindeiro ano, o Principado de Asturias asumirá a presidencia da Reserva, coa previsión de celebrar polo menos dúas reunións anuais do Foro.
A reactivación dos órganos de participación da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abre así unha nova etapa orientada a fortalecer a gobernanza, mellorar a coordinación institucional e afrontar de maneira conxunta os retos demográficos, ambientais e socioeconómicos do territorio.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



