Foz, 13 de decembro de 2025. Este Nadal a novidade en Foz é o campamento de conciliación de Nadal. Terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro na Sala Bahía. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o campamento terá horario de madrugadores dende ás 9.00 ata as 10.30 horas e o horario do campamento será de 10.30 a 14.00 horas. Está pensado para nenos de 3 a 12 anos e nel poderán realizar diferentes actividades, como obradoiros, xogos, etcétera. O custe dos 8 días é de 20 euros. A inscrición está aberta ata este xoves 18 ou finalización de prazas, que serán outorgadas por orde de entrada. Esta pode realizarse na sede electrónica do concello de Foz, no apartado Trámites destacados.-Campamento de Nadal de Foz 2025-2026 ou no rexistro do Concello”.
Inés López Couto destaca que “vai ser unha actividade divertida e boa para os nenos e á vez os pais poderán conciliar a súa vida laboral nunha época na que as vacacións dos pequenos fan necesario facer malabarismos para cadrar os horarios. Dende o Concello intentamos achegar actividades novas para axudar ás familias no seu día a día”.
Ademais do campamento, dende o Concello organizaranse outras actividades este Nadal, coma os xogos e inchables as fins de semana do 27 de decembro e 3 de xaneiro (gratuítos na Sala Bahía), teatro ou a chegada de Papá Noel e os Reis Magos.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



