BURELA (FNC) .- A concelleira do Mar, Remedios López Villar, asegura que desde o Concello e desde a Fundación Expomar “se está a traballar na organización das XVII Xornadas Técnicas Expomar... Ler máis
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, asinou un convenio co Inludes, organismo dependente da Deputación de Lugo, destinado a feira monográfica náutico pesquei... Ler máis
A Fundación Expomar analiza o xoves, día 10, as feiras Expomar e Produart. Según indicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “faremos balance das dúas feiras realizadas este ano Expoma... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, valora de xeito moi positivo a XIII Feira Monográfica Naútico-Pesqueira Expomar que pechou as súas porta... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, presidiu esta mañá a inauguración da décimo terceira edición da Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expo... Ler máis
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asinou un convenio co presidente da cofraría de pescadores, Basilio Otero, “para a realización de Expomar na nave de redes, porque a titularidade é da pro... Ler máis
NOTA DE PRENSA O portavoz do GMPP afirma que a única polémica sobre EXPOMAR é a actitude do alcalde. González Barcia pídelle que non sexa cobarde e non se escude no comité da EXPOMAR. Barcia... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, asegura que “o único que está a ningunear a esta importante feira que temos dentro duns días é o sr.Barc... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP de Burela considera que as fotos da presentación de EXPOMAR demostran a soedade do alcalde. González Barcia reitera que a presentación da feira na Deputación foi un “en... Ler máis
Nota de Prensa O PP de Burela afirma que a Deputación solo aporta 4.000’00€ a EXPOMAR. Raquel Río e Bruno Pedre denuncian que o alcalde potencia a Besteiro presentando a Feira na Deputación.... Ler máis
BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar de Burela e presidenta da décimo terceira edición de Expomar, Remedios López Villar, asegura que “dita feira é a máis importante de toda España e conside... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, presentará de xeito oficial a XIII Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar en Lugo o vindeiro 6 de maio ás 11:30 horas nun acto que se... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, asegura que “estes días estamos cos preparativos de Expomar 2009, nesta nova edición haberá exposición a... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, saíu moi satisfeito do encontro que acaba de manter en Santiago coa conselleira de Pesca, Carmen Gallego, para... Ler máis
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



