MONDOÑEDO .- O papel da censura como represor da literatura galega centran a exposición ‘Editar en galego baixo a censura franquista’, que se poderá ver en Mondoñedo do 2 ao 29 d... Ler máis
MONDOÑEDO .- O papel da censura como represor da literatura galega centran a exposición ‘Editar en galego baixo a censura franquista’, que se poderá ver en Mondoñedo do 2 ao 29 d... Ler máis
Os compañeiros e amigos da auxiliar administrativo do Servicio de Medicina Interna, Martina Rodríguez Salvatierra, vestíronse de gala este venres para xubilala, nunha emotiva despedida no Rincón do Mis en Foz, agradecéndolle os bos momentos pasados xuntos.
Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia. No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro. Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.
Arias coñeceu de primeira man tanto os centros como tamén os profesionais que neles traballan, ademais de manter unha reunión co equipo directivo.
O presidente da asociación barreirense, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira, xa que compartimos uns pinchos ao remate da andaina, para logo todos xuntos participar na misa na honra a San Sebastián”. E engadiu que “o obxectivo do encontro foi moi positivo, xa que fomentamos a convivencia, o exercicio físico, contemplamos o patrimonio de Cabarcos e compartimos as tradicións das parroquias”.
Os amantes desta exquisita carne poderán degustala en varias preparacións: chuletón, chacina, fígado, gyozas de rabo, hamburguesas ou callos con garavanzos e patatinas.
Arias destacou os datos alcanzados entre xaneiro e novembro do pasado ano, cando se rexistraron na comarca mariñá 155.500 viajeros (case un 19% más que no 2021) e se incrementaron nun 17% as pernoctacións. Así mesmo, subliñou que o Camiño Norte ou da Costa “superou con nota o seu primeiro Xacobeo desde que foi declarado Patrimonio da Humanidade no 2015”; preto de 30.500 peregrinos elixiron esta ruta neste dobre Ano Santo. O delegado instou a seguir apostando con decisión “polo noso modelo turístico, que protexe os nosos valores culturais e ambientais por riba doutros intereses, porque o tempo estanos dando a razón, poñendo en primeiro plano o turismo de experiencias, o turismo slow, o turismo de natureza que proporcionamos”.
Este xoves participou nos diferentes actos programados no que a comarca da Mariña foi protagonista.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital