MONDOÑEDO .- O papel da censura como represor da literatura galega centran a exposición ‘Editar en galego baixo a censura franquista’, que se poderá ver en Mondoñedo do 2 ao 29 de xuño, no Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central. Algúns dos documentos expostos nunca foran divulgados até agora. A exposición dá conta dos informes da censura, que en ocasións opinaban tamén sobre a calidade das obras.
NOTA DE PRENSA
Unha Exposición mostra as dificultades para editar en galego no franquismo. Está organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzo e o Concello de Mondoñedo.
Os avatares da edición en galego durante o Franquismo e o papel da censura como represor da literatura galega centran a exposición ‘Editar en galego baixo a censura franquista’, que se poderá ver en Mondoñedo do 2 ao 29 de xuño no Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central. Algúns dos documentos expostos nunca foran divulgados até agora.
Déronse casos nos que non se autorizou a publicación de obras en galego por considerar que se lle outorgaba dignidade” á lingua galega como canle para a especulación filosófica, por exemplo, segundo indica Dasilva para xustificar a prohibición da versión en galego do ensaio filosófico Da esencia da verdade, de Heidegger, a cargo de Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega.
Detrás da denegación do permiso atopábase o Director Xeral de Prensa Juan Aparicio, quen chegou a suspender a colección Graal, e que mesmo se referiu a ensaios publicados por Piñeiro nesta colección dicindo que ”En Galicia, algún pedantón traduce a filosofía alemá con ritmo de gaita”.
O título Escolma posible fala xa das limitacións de Mariño Dónega para reunir o máis representativo da obra de Castelao, mentres que A Esmorga de Eduardo Branco Amor, fora expurgada pola censura; e Celso Emilio Ferreiro tivera que eliminar o poema Ou edificio, da edición bilingüe de Longa noite de pedra.
A exposición dá conta dos informes da censura, que en ocasións opinaban tamén sobre a calidade das obras. Así, en 1958, o censor de Percival e outras historias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, cualificaba a obra como unha ”Serie de contos en lingua galega que acusan a mocidade do autor, situándose entre a realidade e a fábula”. De ”novelita de bastante pobreza literaria” foi tachada Xente ao lonxe de Branco Amor.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



