Nota de prensa: EL 29 DE OCTUBRE DAN COMIENZO EN VEGADEO LAS III JORNADAS GASTRONÓMICAS OSCOS-EO QUE CONTINUARÁN DURANTE EL MES DE NOVIEMBRE POR OTROS CONCEJOS DE LA COMARCA. UNA CITA EN LA... Ler máis
Nota de prensa: DEZAOITO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPARÁN DESDE MAÑÁ E ATA O DOMINGO EN BURELA NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO QUE ORGANIZA A CONCELLARÍA DO MAR. Burela, 7 de out... Ler máis
VALADOURO (FNC) . Nova cita gastronómica no hotel Vila do Val. Do venres 23 de xullo ao 15 de agosto o protagonista será o bonito. Os amantes do príncipe azul poderán degustalo á prancha, co... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O restaurante A Dorada do Cantábrico participará un ano máis no concurso de tapas Ribadeo de tapeo que chega á súa quinta edición. Miguel González, propietario e cociñeiro,... Ler máis
LUGO .- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, presentaron este luns a segunda edición da Festa Degustación do Mexillón, que organiza... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O sábado da comezo en Ribadeo a cuarta edición de Ribadeo de tapeo. Un evento que se prolongará ata o 24 de maio e no que participan 31 bares e restaurantes. O alcalde, Fern... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Concellaría de Mar de Burela prepara unhas xornadas gastronómicas de degustación “dun produto de temporada” como é o ourizo. Segundo explica, Remedios López Villar “queremo... Ler máis
Nota de Prensa Ribadeo, 1 de outubro de 2008. Ribadeo está hoxe moi presente en Madrid no VI Encontro Gastronómico de Villas Marineras, ao que asisten turoperadores e xentes do turismo que... Ler máis
BURELA .- Burela acollerá o vindeiro sábado por primeira vez unha proba do Campionato Galego de Moto Náutica na que se darán cita 24 participantes. Será na praia do Portelo que permanecerá p... Ler máis
BURELA .- Once establecementos de hostalería participarán do 15 ao 17 de agosto nas xornadas gastronómicas do polvo de Burela que organiza o Concello de Burela. Son: Mesón Hamilton, Palacio... Ler máis

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



