Home hostalería
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres no Pazo de San Marcos a integrantes da Confederación de Empresarios de Hostalería de España dentro de Km0.... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres no Pazo de San Marcos a integrantes da Confederación de Empresarios de Hostalería de España dentro de Km0.... Ler máis
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estivo na posta en marcha do posto de mando avanzado do Resurrection Fest, xunto ás forzas de seguridade locais e a seguridade do recinto do festival. Todo o dispositivo traballará para que o festival transcurra con normalidade.
O libro, que ten unha preciosa factura, foi elaborado coa participación dos membros da Asociación, a quen dende o Concello se lles deu as máis cariñosas grazas polo presente. Destacabel tamén a extraordinaria laboura que fai a Asociación no seu traballo diario con este marabilloso grupo de persoas, potenciando a creatividade de todos eles.
Arestora son 1755. Destes, 2 están en UCI no HULA. 71 están en hospitalización: 46 no Hula, 5 no Hospital da Mariña, 19 no Hospital de Monforte.
O 9 de xullo será o I Día da Bicicleta que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro. Unha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos que consistirá nunha ruta sinxela de 14 kms con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes. A Inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h. A retirada de camisetas e dorsais o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00h. no Local Social do Parque Concepción Arenal.
Trátase dunha iniciativa que viñan realizando con carácter regular antes da pandemia, e que se viu suspendida nestes dous anos por este motivo. Esta viaxe, é o punto de partida que confirma o regreso desta asociación tan importante para o Concello de Cervo, que contribúe ao dinamismo do pobo, grazas ás múltiples iniciativas que programan ao longo de todo o ano e que tanto botabamos de menos.
Convidado pola Asociación de Veciños de San Pedro de Mor, o Grupo Teatral "O Centiño" de San Martiño, visitou Alfoz o pasado domingo 26 de xuño para representar a súa última obra, "A morte morrida", unha comedia que reflexiona sobre a tristeza da xubilación e sobre a morte. O salón de actos do concello estaba practicamente cheo e todos, actores e público, desfrutamos dun pouquiño de alegría, que a todos nos fai falta nestes tempos difíciles.
A directiva di ata pronto a Elena Aragón, xogadora que desde que chegou ao equipo ofreceu moito traballo e éxito. Desde o club, queren agradecerlle todos os bos momentos que fixo pasar nestes últimos anos e desexánlle moita sorte no seu futuro profesional.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital