- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
Abordaron as necesidades deste municipio e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución de proxectos conxuntos no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.
- Premiadoxs do Certame do Día do Libro de Cervo
Categoría infantil: 1° Premio: Paula Martínez. 2°: Valentina Blanco. 3°: Empate entre Alejandra Castro e Saúl Tourón. Categoría primaria: 1° Premio: Lucy Fernández. 2°: Lily Fernández. 3°: Laia Rodríguez. Categoría adultos: 1° Premio: Tomás Mariño. 2°: Iria Baltar
- A Deputación participa na 45º edición da Festa da Troita da Pontenova, de Interese Turístico Galego
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, xunto ao Alcalde da Pontenova, Darío Campos, e outros membros da Corporación municipal, asistiu este xoves a 45º edición da Festa da Troita, que se celebra como é tradición cada 1 de maio. Carlos López sinalou que esta clásica cita, declarada de Interese Turístico Galego, e recoñecido como Mellor Evento Deportivo de España en 2022, “é un encontro que supón un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e toda a provincia, xa que durante esta ponte festiva hai unha ocupación hoteleira do 100%”.
- Airiños do Xunco celebra as súas vodas de ouro cunha exposición fotográfica
'50 anos de cultura - 50 anos de historia' inaugurarase o venres, 2 de maio ás 19h nas Escolas Vellas.
- A tenda de roupa e calzado infantil, xuvenil e de muller Mimimó abriu un establecemento en Ribadeo, concretamente na rúa Rodríguez Murias, número 5, e integrouse en Acisa
A propietaria, Natalia Rubal, explica que Mimimó é “una tienda de ropa y calzado infantil, juvenil y mujer. Trabajamos con marcas como Mayoral, Tiffosi, Boboli, iDo, Conguitos, Mustang, Dadati, B&W, Babybol, Newness, Street Monkey o Ysabel Mora.
- A Deputación destaca o éxito da última edición do FIV de Vilalba, que reuniu a máis de 6.000 persoas durante toda a fin de semana
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, xunto á Alcaldesa, Marta Rouco Seoane, e representantes da empresa organizadora do evento, participou na Casa da Cultura vilalbesa nun acto no que se fixo balance do impacto positivo da cita.
- O patio cuberto do colexio público Manuel Fraga Iribarne, de Cariño, será o escenario dunha completa xornada formativa o 10 de maio, na que se impartirán talleres de defensa persoal e iniciación á arte marcial do jiu-jitsu
A actividade está organizada polo Centro Deportivo Nova Saúde e conta coa colaboración do Concello de Cariño. O programa desenvolverase en dúas quendas: a sesión de defensa persoal terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, mentres que a de jiu-jitsu impartirase pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas. Ambas as formacións están dirixidas a público adulto, masculino e feminino, e tamén a menores. As clases estarán a cargo de Bernardo Romay, 8.º Dan e Mestre Adestrador Nacional de judo, jiu-jitsu e defensa persoal. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 40 50 64.