O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoa... Ler máis
A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén a... Ler máis
Trátase da oitava produción da compañía, coa que celebran o seu décimo aniversario. A peza narra as aventuras e desventuras de seis viaxeiros nunha ruta de autobús, acompañados polo seu chof... Ler máis
Sete intérpretes dan vida a unha viaxe chea de personaxes —unha turista inglesa, un xubilado, un gandeiro, unha esteticista, unha ama de casa e un profesor— acompañados polo chofer. A obra p... Ler máis
Este sábado, 1 de febreiro de 2025, ás 21,00 horas, o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño representará no salón de actos da Casa da Cultura de Trabada a súa obra “A Mo... Ler máis
Foi o pasado 14 de decembro, no restaurante Xoíña de Foz. Unha boa maneira de seguir creando grupo e unidade nunha actividade tan creativa e divertida como é facer comedia polos escenarios p... Ler máis
O Centiño representou a súa comedia “A morte morrida” e os veciños responderon, pois recadáronse máis de 600 euros en efectivo, ademais de varias caixas de alimentos. Todo un éxi... Ler máis
Foz, 29 de novembro, 2024. O grupo teatral O Centiño de San Martiño leva xa moitos anos celebrando pola época do Nadal unha Gala Solidaria co gallo de recadar fondos para as persoas máis nec... Ler máis
O grupo Teatral O Centiño de San Martiño (Foz) reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o concel... Ler máis
O Centiño ofrecerá a obra Trepa, Tripa e Tropa e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela. A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas... Ler máis






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



