Home piso
A MARIÑA.- A sociedade de taxación TecniTasa publicou un estudio denominado “Alquilar en agosto” no que recolle que alugar en primeira liña de praia un apartamento de 65 m2 en Sa... Ler máis
A MARIÑA.- A sociedade de taxación TecniTasa publicou un estudio denominado “Alquilar en agosto” no que recolle que alugar en primeira liña de praia un apartamento de 65 m2 en Sa... Ler máis
Será este mércores 10 de agosto a partir das 10h. A actividade iniciase no porto do Vicedo, para cruzar a ría en dirección a O Barqueiro, pasando despois por debaixo das pontes sobre o Sor, a illa de S. Martiño e rematando nas Ribeiras do Sor. O prezo é de 17€/persoa e, ademais de todo o equipamento necesario, inclúe o transporte de regreso ao porto do Vicedo. Inscricións no 982 59 01 95 e en omix@concellodovicedo.org. E o xoves 11, a partir das 22h outra actividade se recupera este verán: o Karaoke de Verán. Estará instalado na terraza da Casa da Cultura e está destinado a todas as idades.
O Festival folclórico internacional do Emigrante foi un exitazo. O polideportivo en San Miguel (en lugar do habitual Campo de fútbol do Iberia C.f), repleto de público cunhas setecentas persoas desfrutaron do espectáculo que durou algo máis de dúas horas, e onde tanto o grupo georgiano coma o mexicano e os locais de O Arco da Vella, puxeron enriba do escenario o seu bo facer.
Trátase dunha mestura de real game e rol en vivo, no cal os xogadores interpretan un papel, investigan e resolven enigmas. Así o explica a empresa organizadora, World Real Games, que promove este tipo de eventos por toda España desde hai nove anos e esta é a primeira vez que o fai en Galicia.
Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá (de 9:00 a 14:30 horas), fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal). Trátasde dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado a historia de San Cibrao. En palabras da autora: "Con Luz da Balea pretendo rescatar a presencia das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación"
No comezo da XXXVI Feira do Bonito celebrouse a recepción por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e concelleiros de goberno, do rexedor de Tarifa, Francisco Ruíz Giráldez, que se desprazou á localidade acompañado da edil de Turismo, Lucía Trujillo. Visitaron as distintas zonas habilitadas para a feira, facendo unha parada no Barco Museo “Reina del Carmen”, onde puxeron en común a importancia do sector pesqueiro e as xentes do mar no desenvolvemento de ámbolos dous municipios, unha vinculación norte-sur que pretenderá extenderse a outros proxectos no futuro.
O acto estivo organizado pola AECC de Ribadeo e contou coa presenza do coautor, Pepe Peinó, e tamén co doutor José Ignacio Vidal Pardo (Xefe de Endocrinoloxía do HULA de Lugo), con Sandra Amieiro (irmá da autora do libro, que tamén padeceu un cancro de mama) e coas voces de Toño e Eli, que interpretaron catro fermosas cancións. A autora, Raquel Amieiro, non puido asistir, ao atoparse ingresada nun hospital de Coruña por problemas derivados do cancro. A pequena sala da antiga oficina de turismo estaba ateigada de xente e o acto, unha vez máis, resultou moi emotivo.
O horario será de 16:30 a 20:00 horas (salvo o mércores que tamén estarán en horario de mañá). Son de balde e anotan alí mesmo
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital