CERVO .- O Concello de Cervo recepcionou as obras da fase C do polígono de Cuiña que teñen unha superficie bruta de 137.624 metros cadrados, dos que 41.000 son de superficie neta e conta con... Ler máis
LOURENZÁ .- O Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o prego as bases que rexerá concurso da venda de parcelas da segunda fase no parque empresarial Equipo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello acollerá o vindeiro 18 de febreiro a presentación oficial do polígono industrial de Ribadeo. Ao acto acudirán, ademais do alcalde, técnicos de SEPES e do IGAPE co... Ler máis
XOVE .- Segundo anuncia o Concello de Xove, dende o 10 de novembro o polígono industrial de Camba conta con banda ancha sen fíos. Este servizo de acceso a rede internet e froito do convenio... Ler máis
BURELA (FNC).- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida a todos os empresarios de O Perdouro e ós propietarios de terreos nesa zona a acudir á xuntanza informativa que terá lugar mañá xov... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) O vindeiro 27 de xaneiro procederáse á apertura das proposicións ou ofertas económicas das obras de urbanización do polígono industrial de Ribadeo que contan cun orzamento d... Ler máis
CERVO .- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado do alcalde de Cervo, Alfoso Villares, inaugurou esta mañá no concello lugués de Cervo a nova rede de telecomunic... Ler máis
Nota de Prensa Iniciativa Parlamentaria O deputado do PPdeG José Manuel Balseiro presenta unha iniciativa na Cámara autonómica para forzar á consellería nacionalista con competencias en mate... Ler máis
BURELA .- Supeditar o futuro polígono industrial de Burela ao trazado do vial Barreiros San Cibrao, esperar a aprobar o plan xera de ordenación, condicionantes para a zona e O Perdouro e con... Ler máis

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



