Nota de prensa: Basanta insta ao PP a rectificar o seu voto contrario a Residencia e ao Centro de Día. O Parlamento debate o luns a construcción dun Centro de Día e dunha Residencia da Terce... Ler máis
Nota de prensa: O BNG denuncia que o PP continúa a marxinar e a castigar a Foz. O PP vota no Parlamento contra o Centro de Día e a Residencia de Foz. O Bloque Nacionalista Galego denunciou h... Ler máis
NOTA DE PRENSA Reunión da Plataforma pro-Residencia de Anciáns e Centro de Día en Foz Trala reunión de onte (venres, 19 de novembro), os colectivos focenses que se constituíron en plataforma... Ler máis
Constituíuse en Foz unha plataforma cidadá que pide a construción dunha residencia con centro de día
Nota de Prensa MÁIS DE VINTE ASOCIACIÓNS SOLICITAN A CONSTRUCCIÓN DA RESIDENCIA DE FOZ Foz, 23 de outubro de 2010.- Este sábado constituíuse en Foz a plataforma cidadá para conseguir a const... Ler máis
Nota de prensa: ISMAEL REGO RECLAMA NO PARLAMENTO QUE A XUNTA ADOPTE AS MEDIDAS PRECISAS PARA DOTAR AO CONCELLO DE FOZ DUNHA RESIDENCIA DE ATENCIÓN AOS MAIORES – O deputado do PSdeG-PS... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O BNG PIDE QUE COMECEN A FUNCIONAR AS RESIDENCIAS DE “SOGASERSO” Carlos Aymerich asegura que a paralización das residencias responde “a teima do PP por borrar o labor dos nac... Ler máis
BURELA (FNC) .- A residencia da terceira idade de Burela foi evacuada na noite de onte despois de que saltase o detector de incendios na cociña do centro. Non houbo lume e realizadas as comp... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O BNG DE FOZ ESIXELLE Á XUNTA QUE CUMPRA CO COMPROMISO DE FACER UNHA RESIDENCIA E UN CENTRO DE DÍA “O PP obtou por acabar con todos os servizos sociais implantados polo BNG a... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os nacionalistas critican a privatización do centro. Arredor dun cento de persoas esixen a apertura da Residencia de Viveiro. Arredor dun cento de cargos orgánicos institucio... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os nacionalistas critican que o centro siga fechado e fose privatizado. O BNG concentrase o Sábado 12 de Xuño ás 12:00 diante da Residencia da Terceira Idade de Viveiro O Blo... Ler máis
CERVO .- O grupo de Goberno do Concello de Cervo quere lembrarlle a socialistas e nacionalistas que forman parte da corporación municipal de Cervo e non da viveirense, a pesares de que as sú... Ler máis
NOTA DE PRENSA: REGO ESIXIRA NO PARLAMENTO A APERTURA INMEDIATA DA RESIDENCIA DA 3ª IDADE DE VIVEIRO – O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asegura que non pode existir ningunha razón... Ler máis
CERVO .- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe na súa visita ao Concello de Cervo o compromiso da Xunta de Galicia en construír en San Cibrao un edificio no que s... Ler máis
NOTA DE PRENSA Balseiro Orol subliña que os feitos dan por certo as denuncias do PPdeG que afirmou que despois de que a Vicepresidencia gastase un millón de euros en reformar este centro pre... Ler máis
Nota de Prensa CERVO O BNG PIDE AO PP QUE DEIXE DE MAREAR A PERDIZ E ASINE DUNHA VEZ COA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA A SUA INTEGRACION NO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR. Si en Cervo se abre... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



