- 12 casos máis de coronavirus na provincia nas últimas 24h.
Son arestora 169 positivos. Destes 4 están na UCI no HULA. 5 en hospitalización (todos no HULA) e o resto en domicilio.
- A burelesa Belinda Romero na directiva nacional de NNXX
Belinda ten 26 anos. É traballadora dunha clínica dental. Pertence á agrupación de NNXX de Burela dende o ano 2019. Incorporouse así á directiva nacional no congreso celebrado esta fin de semana no que Bea Fanjul tomou o relevo como presidenta; cargo que ocupou ata entón o galego Diego Gago.
- Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2021 en Alfoz
Está organizado desde a Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O tema deste ano é "O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural". Establécense 3 categorías: Categoría A: ata 8 anos, categoría B: de 9 a 11 anos e categoría C: de 12 a 16 anos. Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 7 de maio para a fase local, optando os gañadores e gañadoras ao concurso na fase provincial
- Entrega aos centros de ensino de Burela do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada
O alcalde, Alfredo Llano, acompañado polo concelleiro de Cultura, José Díaz, repartiron este luns nos centros educativos da localidade exemplares do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada. O volume, publicado pola Deputación, é obra de Antonio Reigosa e conta con ilustracións de Neira Brochs. Neses actos de entrega tanto o rexedor como o edil de Cultura fixeron unha pequena presentación do libro entre o alumnado dos centros de ensino de Burela.
- Teatro no Pastor Diaz, este sábado 17
Contraproducións trae ás 19h a comedia orientada a público adulto A compañeira de piso.
- Gran resultado en Rianxo do Club de Remo Celeiro
O Club desprazouse este domingo á localidade coruñesa cunha tripulación infantil femenina e masculina despois de acadar o pase o día anterior. A regata foi representada por 10 remeiros. Quedando clasificadas a tripulación infantis feminina de 2° e os infantis masculinos de 4°. As dúas quendas foron moi igualadas pero o último alento nos metros finais dos remeiros mariñáns fixo que conseguiran entrar no campionato galego, que se celebrará o 17 e 18 de abril domingo en Bueu
- Melloras na estrada Alfoz - Foz
A Xunta de Goberno sacou adiante a adxudicación das obras de mellora da LU-P-0210, a estrada provincial que une A Seara, en Alfoz, con San Acisclo, en Foz. A empresa Isidro Hermanos Blanco Trigo SL é a adxudicataria das obras, por un importe de máis de 98.500€ e cun prazo de execución de 6 meses. As actuacións, que afectan ó tramo que vai do quilómetro 5,100 ó 5,236, consisten no ensanche e na mellora da vía, aglomerado en quente, e dotación de iluminación e beirarrúas co fin de mellorar a seguridade viaria. A Deputación inviste neste proxecto uns 130.000 euros, entre a execución das obras e a adquisición dos terreos.