restauración
Alta porcentaxe de man de obra non cualificada, baixos niveis de formación, salarios pobres sobre todo no sector da restauración, un exceso de ciclos formativos, “xeralmente sen coordi... Ler máis
Alta porcentaxe de man de obra non cualificada, baixos niveis de formación, salarios pobres sobre todo no sector da restauración, un exceso de ciclos formativos, “xeralmente sen coordi... Ler máis
O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participaron este xoves no CENIMA de Foz nun foro organizado pola Federación de Comercio da Mariña (FCAM) baixo o título Traballo na Mariña Lucense, onde vivo? No encontro, que serviu para analizar a problemática da falta de pisos de aluguer tras o auxe das vivendas turísticas, participaron ademais a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado; o CEO de Inmoriba, Néstor Sordo; o xerente do hotel O Cabazo, Joaquín López; ou a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Tania Hermida.
Será o venres 11 de outubro e traerá ata a localidade á cantante Lara Hoevenaar, unha recoñecida voz dentro do panorama jazzistico. Estará acompañada polo asturiano Marco Martínez, profesor da Escola de Música Moderna de Oviedo e director do Seminario de Improvisación de Siero, xunto ao que ofrecerá un repertorio en homenaxe ás grandes voces femininas do jazz clásico dos anos 20 e 30 no que non faltarán nomes como os de Bessie Smith, Billie Holliday, Ela Fitzgerald ou Sarah Vaughan. Pola súa banda, o equipo do restaurante deseñará un menú específico para esta convocatoria. As prazas son limitadas e é imprescindible reserva.
Unha xornada organizada pola asociación Recursos de Aldea coa colaboración do Concello e dedicada aos produtos realizados con este alimento. Será a partir das 10:30 horas no Mercado Municipal e contará con varios postos cunha gran variedade de produtos.
Nesta cita, na que están a participar 44 persoas, divídese en catro tramos e tras o seu paso pola Mariña lucense, os deportistas continuarán o 4 de setembro o recorrido por Santiago de Compostela. Logo, o día 5, estarán no concello de Carballiño e culminarán a proba o 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa.
Os estereotipos de xénero están presentes no noso día a día. Forman parte da nosa forma de pensar e actuar e, por iso, condicionan a maioría das decisións que tomamos a nivel persoal e/ou profesional. Será impartido por M. Carmen Rivas Fernández, máster oficial en igualdade de oportunidades e xénero pola Universidade de Santiago de Compostela, docente acreditada para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Realizarase online ou presencial dende o 14 ao 17 de outubro, de 16:00 a 21:00 horas. Máis información e matrícula: https://extension.uned.es/actividad/39731&codigo=EPLED
Comezarán o venres 4 coa XVI Festa dos Callos e verbena con Marbella e Discomóbil Conxuro. O sábado sesión vermut con Magos que repetirán de noite na verbena con Discomóbil Conxuro. Xa o domingo haberá sesión vermut prolongada coa actuación de Verónica Cambón.
Nesta carreira de obstáculos participaron arredor de 400 persoas. O alcalde, Dani Vega, asistiu á entrega de premios, que tivo lugar este mediodía no Campo de San Francisco. O rexedor felicitou á asociación Gallaecia e ao Grupo BeOne pola organización deste evento que retornou a Ribadeo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital